FEFRIGA - Federación de Frisona Galega
  PRESENTACIÓN
  BRANCO E NEGRO
  ACTIVIDADES E RESULTADOS
  LIBRO XENEALÓXICO
  NOTICIAS E AVISOS
  ACCESOS RÁPIDOS
  MENÚ COMPLETO
  INICIO


Memoria Fefriga 2014


Política de privacidad
Rúa Melide 25-27 Bajo
15705 Santiago de C.
A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879
+ 34 981 573 775



Galego Español

Insignia de Ouro Fefriga ‘12

A Xunta Directiva desta Federación, na súa reunión celebrada o pasado día 17 de Abril e tralas deliberacións correspondentes, “acordou por unanimidade, conceder a Insignia de Ouro Fefriga ’12 a Dn. Francisco Manuel Penabad Pita, de Granxa Caxigueira, en recoñecemento ós méritos atesorados ó longo da súa vida profesional como criador de Frisón Selecto, a súa implicación e compromiso coas organizacións de criadores, así como pola súa contribución na promoción e imaxe da Cabana Frisona Galega”.


Ó longo dos últimos 20 anos, Granxa de Caxigueira foi todo un referente para os criadores e amantes do Frisón no noso país. Os extraordinarios animais criados pola familia Penabad (8 vacas EX e 94 MB, de entre as que merece mención especial Agrortegal Galletera Juror 5EX 5* M.O.) e que lles fixeron acreedores do título de Mestre Criador en 2005, así como os bos resultados que cos seus animais, obtiveron nos numerosos concursos que participaron, constituiron un estímulo para todos nos e contribuiron á boa imaxe e promoción da nosa Cabana Frisona, é por elo que, dende esta páxina e en nome de todos os criadores de Frisón de Galicia, queremos manifestarlles a nosa máis sinceira felicitación e agradecemento.

 


R/ Melide 25-27 Baixo - 15705 Santiago de C. - A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879 + 34 981 573 775
Xunta de Galicia
Diseño web de Lugonet