FEFRIGA - Federación de Frisona Galega
  PRESENTACIÓN
  BRANCO E NEGRO
  ACTIVIDADES E RESULTADOS
  LIBRO XENEALÓXICO
  NOTICIAS E AVISOS
  ACCESOS RÁPIDOS
  MEMORIAS FEFRIGA


Memoria Fefriga 2022


Política de privacidade

Clausulado
Rúa Melide 25-27 Bajo
15705 Santiago de C.
A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879
+ 34 981 573 775



Galego Español

Brian Carscadden
Xuiz dos Concursos e Actividades Frisón Cimag-GandAgro

Brian Carscadden vive en Guelph, Ontario, Canadá, naceu e criouse no este de Ontario nunha gandería Holstein de gando rexistrado, graduándose en Ciencias Agrícolas en 1994 pola Universidade de Guelph.

Despois de rematar os seus estudos traballou como analista de toros para o centro de inseminación United Breeders en Guelph, onde desempeñou as súas  funcións en programas de aparellamentos, compra de touros xóvenes e material fotográfico para propaganda. No 1998 creouse Semex Alliance e Brian entrou a formar parte do equipo de Analistas de Touros, onde continúa hoxe en día comprando touros ó longo de Ontario, Kentucky, Ohio, Wisconsin, Michigan, Indiana, Reino Unido e Irlanda.

Antes de traballar en Centros de Inseminación,  Brian cosechou moitos éxitos profesionais  preparando animais para concursos das razas Holstein, Ayrshire e Jersey  por todo o mundo.
Brian xulgou concursos en máis de 25 países. Xulgou concursos nacionais en Canadá, Estados Unidos, Reino Unido, Suiza, España, Italia, Brasil, Guatemala, Costa Rica, Xapón, Korea, México, Nueva Zelanda, Uruguay, Arxentina, Australia. En Europa tamén xulgou concursos importantes tales como Space en Francia, Thuringia en Alemania, ou HHH en Holanda. En América do Norte Brian tamén xulgou concursos provinciais e locais. En 2006 foi xuiz asociado no concurso Holstein do Royal e o xuiz oficial das Holstein en Madison 2008. Xulgou as brancas e vermellas no Royal 2009 e no Madison 2010. Tamén xulgou as pardas e as Holstein en Suiza no 2009 así como as jersey e as brancas e vermellas na Swiss Expo 2010. En 2011 foi o xuiz oficial do Royal Winter Fair de Toronto para as Holstein.

Brian é un gran promovedor dos programas para os xóvenes e colabora activamente tanto no Royal coma no Madison como coordinador dos eventos realizados.

Brian e a súa muller Linda teñen tres fillos, Craig, Lauren e Colin.

Nota: na publicación do mes de Decembro da Holstein Internacional, Brian foi elexido o 2º mellor xuiz do mundo despois do tamén canadense Callum Mckinven.

 

VER ACTIVIDADES FRISÓN



R/ Melide 25-27 Baixo - 15705 Santiago de C. - A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879 + 34 981 573 775
Xunta de Galicia
Diseño web de Lugonet