FEFRIGA - Federación de Frisona Galega
  PRESENTACIÓN
  BRANCO E NEGRO
  ACTIVIDADES E RESULTADOS
  LIBRO XENEALÓXICO
  NOTICIAS E AVISOS
  ACCESOS RÁPIDOS
  MEMORIAS FEFRIGA


Memoria Fefriga 2022


Política de privacidade

Clausulado
Rúa Melide 25-27 Bajo
15705 Santiago de C.
A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879
+ 34 981 573 775



Galego Español

UN EQUIPO DO CLUBE DE XÓVENES GANDEIROS DE GALICIA, OS MELLORES PREPARADORES DE EUROPA

Un equipo do Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia foi o gañador da European Young Breeders School (Escola de Xóvenes Gandeiros de Europa), que se celebrou do 2 ó 6 de setembro na localidade belga de Herve. Esta escola-competición de preparadores e manexadores de gando frisón, que este ano chegaba ó seu décimo aniversario, contou coa participación de 140 rapaces de entre 14 e 25 anos, formando así 23 equipos europeos e 1 do Canadá.

O equipo do Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia, que acudiu en representación de España, estivo composto por:
Águeda Capón Fernández
Roi Capón Fernández
Iván López López
Iván Ferreiros Señor
Manuel Peteira Fernández
Alba Álvarez Nuñez
Javier Álvarez, técnico de FEFRIGA, e Carmen Candal, secretaria da Federación e do Clube, foron os coordinadores do grupo. Durante os cinco días que durou o concurso tiveron que realizar varias probas, tanto teóricas como prácticas, vinculadas á morfoloxía da vaca frisona, entre as que destacaba o manexo e preparación dun lote de xovencas que despois participarían no Concurso rexional da Valonia.

Gañaron o premio ó mellor equipo da European Young Breeders School, por diante do equipo suizo de Neuchatel e dos alemáns de Niedersachsen.

Ademáis do título por equipos Águeda Capón Fernández, de 15 anos, foi elexida a mellor preparadora junior de Europa e quedou clasificada entre os dez mellores manexadores de tódalas idades do concurso.

Outro dos triunfadores galegos foi Iván López López, de 25 anos, xa que o animal que preparou durante a competición foi elexida a Xovenca Gran Campioa do concurso da Asociación Valona de Gandeiros.

¡Noraboa a todos!

FOTOGRAFÍAS

Campións de Europa 2009 Campións de Europa 2009 Mellor Preparadora Junior: Águeda Capón Fernández Iván López López: 1º de sección coa xovenca Devinette de L'Herbagère
Manuel Peteira: 1º de sección coa xovenca Cannelle L'Herbagère Gran Campionato Gran Campiona do Concurso: Devinette de L'Herbagère Xovenca Gran Campiona: preparada e presentada por Iván López López
Máis información
http://www.xovenesgandeiros.com



R/ Melide 25-27 Baixo - 15705 Santiago de C. - A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879 + 34 981 573 775
Xunta de Galicia
Diseño web de Lugonet