FEFRIGA - Federación de Frisona Galega
  PRESENTACIÓN
  BRANCO E NEGRO
  ACTIVIDADES E RESULTADOS
  LIBRO XENEALÓXICO
  NOTICIAS E AVISOS
  ACCESOS RÁPIDOS
  MEMORIAS FEFRIGA


Memoria Fefriga 2022


Política de privacidade

Clausulado
Rúa Melide 25-27 Bajo
15705 Santiago de C.
A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879
+ 34 981 573 775



Galego Español

Concursos Autonómico e Internacional

>> Ver fotos exposición gando e stand
>> Ver fotos seccións xovencas
>> Ver fotos seccións vacas

Co extraordinario escaparate que nos ofrecía o Salón Cimag-GandAgro, os pasados días 19 ó 21 de Febreiro celebramos en Silleda os Concursos Autonómico e Internacional da Raza Frisona, o de Xóvenes Manexadores, así como o de Xóvenes Preparadores de Gando. Todos eles foron xulgados polo extraordinario xuiz da Holstein Association of Canadá, Dn. Brian Carscadden, asistido en pista por Dn. Gabriel Blanco, Xefe do Departamento de Morfoloxía de Conafe.

Ás 10 da mañán do venres día 20 comezaba o xulgamento dos Concursos de Frisón, nos que participaron 139 animais de gran calidade, propiedade de 24 ganderías de Asturias, Cantabria, A Coruña, Lugo, Pontevedra e Portugal. Nas seccións de becerras do Concurso Autonómico o título de Campiona foi para Pozosaa Atwood Tamara de Gandería Pozo de Lugo, sendo a Subcampiona Pozosaa Fever Madia da mesma gandería. Na categoría de xovencas, Tizon Rosi Braxton SS Blanco alzouse co título de Campiona; o de Subcampiona foi para Casanova Delia Fever. Finalmente Madia de Casa Pozo alzouse co título de Gran Campiona, sendo para Rosi, propiedade de Blanco and SS o de Gran Campiona Reserva.

No Internacional, igualmente a becerra Campiona foi Pozosaa Atwood Tamara, sendo o título de Subcampiona para Badiola Yorick Kentuchy, ambas becerras conseguirían igualmente os títulos de Xovenca Gran Campiona e Reserva Gran Campiona. O título de Xovenca Campiona foi para Badiola Atwood Karola, sendo a Subcampiona Tizon Rosi Braxton SS Blanco.

O sábado, nas seccións de vacas en lactación e no que respeta ó Concurso Autonómico, o premio de Vaca Xoven Campiona foi para Bos Cid Atwood Moni, de Ganadería Cid de Barreiros, Lugo, mentras que o de Subcampiona conseguíao Pozosaa Sid Sonja de Casa Pozo de Lugo.

Na categoría intermedia, Blanco Leona, de Ganadería Blanco de Lalín, alzábase co título de Campiona, mentras que Cid Aftershock Matica conquistaba o de Subcampiona. Xa no Campionato de Adultas, o Sr. Xuiz designou a Cid Goldwyn Griselda como Campiona e a Pozosaa September Rula como Subcampiona.

O Gran Campionato foi para Cid Goldwyn Griselda e o de Gran Campiona Reserva para Bos Cid Atwood Moni, ambas propiedade de Ganadería Cid, de Barreiros, Lugo.

Finalmente, Ganadería Blanco de Lalín, conseguía o título de Mellor Criador de Galicia sendo Ganadería Pozo de Lugo quen conquistou o de Segundo Criador.

En canto ó Concurso Internacional os títulos de Vaca Xoven Campiona e Subcampiona corresponderon, - ó igual que no Autonómico,- a Bos Cid Atwood Moni e Pozosaa Sid Sonja. A categoría intermedia foi dominada por Ganadería Badiola que obtivo os títulos de Campiona e Subcampiona con Badiola Shottle Megadonna, -que máis adiante sería elexida como Reserva Gran Campiona.- e Badiola Damion Kely.

Na sección de vacas adultas tamén foi protagonista Ganadería Badiola que con Badiola Damion Koketa obtivo o título de Campiona e posteriormente Gran Campiona do Open, sendo a Subcampiona Badiola Shottle Megadonna.

Ganadería Badiola obtiña ademáis o título de Mellor Criador Internacional mentras que Ganadería Blanco obtiña o de Segundo Criador Internacional.

Independentemente dos resultados, neste certame, -no que Fefriga celebra o seu 25 aniversario,- hai outros aspectos que merecen ser destacados, e de entre todos eles, o primeiro, é o elevado número de animais participantes, a súa extraordinaria calidade e igualmente a súa coidada doma, preparación e presentación en pista, o cual acredita a profesionalidade e cualificación dos seus propietarios, coidadores, preparadores e manexadores; a todos eles a nosa felicitación e noraboa. Tamen merece destacar, -e queremos agradecer,- a profesionalidade e pedagóxica labor realizada polo Sr. Xuiz, Dn. Brian Carscadden nos diferentes concursos. A súa seguridade á hora de tomar decisións, saber estar en pista e empatía cos concursantes, contribuiron de maneira importante ó éxito e alta valoración colleitada por este certame entre concursantes, gandeiros, técnicos e público en xeral. Outro aspecto a destacar e que merece o noso especial recoñecemento, é o esforzo que realizaron os nosos compañeiros da APCRF (Asociación Portuguesa da Raza Holstein) para acompañarnos no noso 25 aniversario, participando nos concursos con un grupo de 18 extraordinarios animais. O noso agradecemento e felicitación ós seus propietarios.

E como non pode ser doutra maneira, antes de rematar queremos manifestar o noso agradecemento á Fundación Semana Verde, Consellería do Medio Rural, Clube de Xóvenes Gandeiros, Conafe, Gandeiros, Técnicos, Institucións e a todos aqueles que co seu apoio e colaboración fixeron posible a organización e celebración deste certame.

A todos ¡moitas gracias!



R/ Melide 25-27 Baixo - 15705 Santiago de C. - A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879 + 34 981 573 775
Xunta de Galicia
Diseño web de Lugonet