FEFRIGA - Federación de Frisona Galega
  PRESENTACIÓN
  BRANCO E NEGRO
  ACTIVIDADES E RESULTADOS
  LIBRO XENEALÓXICO
  NOTICIAS E AVISOS
  ACCESOS RÁPIDOS
  MEMORIAS FEFRIGA


Memoria Fefriga 2022


Política de privacidade

Clausulado
Rúa Melide 25-27 Bajo
15705 Santiago de C.
A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879
+ 34 981 573 775



Galego Español

II CONCURSO DE PINTURA FEFRIGA 2002

“ A vaca. Este tranquilo e afable animal que da vida os nosos prados, danos a súa leite; coa leite facemos queixos, xelados, iogures,...; despois, danos a súa carne, e finalmente coa súa pel, cálzanos e abríganos...”.

Co obxetivo de achegar ós máis novos ó mundo agrogandeiro e conciencialos da importancia que ten para todos o sector primario, a Federación Frisona Galega, baixo o patrocinio de Xenética Galega, SL e coa colaboración da Fundación Semana Verde de Galicia, convoca o seu II Concurso de Pintura FEFRIGA 2002, no que poderán participar todos aqueles rapaces que o desexen e que non superen os 16 anos.

BASES DA CONVOCATORIA

1.- Temas
A temática dos debuxos que se presenten a concurso será relativa ó “Sector Agrogandeiro e a Vida no Campo”, por exemplo: gando, construccións, ferramentas e aparellos de traballo, vivendas e lugares, productos obtidos no noso sector, etc...

2.- Modalidade e Formato
Será un só debuxo ou pintura de técnica libre (lapis, ceras, témpera, acuarela, óleo, etc...), por cada participante. Realizarase sobre cartulina, tea ou outro material similar semi-ríxido ou ríxido. O formato non poderá ser inferior a 20x30cm., nin superior a 30x40cm. 3.- Participantes
Poderán participar neste concurso tódolos nenos/as de idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos, ambos inclusive, quedando distribuídos a efectos do concurso nas seguintes categorías:
- Categoría 1ª “Alevín”: de 3 a 7 anos
- Categoría 2ª “Infantíl”: de 8 a 12 anos
- Categoría 3ª “Junior”: de 13 a 16 anos


4.- Presentación e Prazos
O traballo será entregado, -sen dobrar,- á Federación Frisona Galega, Rúa Pastoriza, 20-1º, 15704 Santiago de Compostela – A Coruña, antes do día 3 de Xuño.
O traballo NON ESTARÁ FIRMADO, só identificado no seu dorso co Título da Obra. Acompañando ó traballo, entregarase dentro dun sobre, o boletín de inscripción debidamente cumprimentado.
As obras recibidas fóra de prazo ou as que non cumpran as normas de presentación e documentación requerida, non serán admitidas e polo tanto excluidas do concurso.

5.- Xurado
O xurado estará composto por 5 persoas que elexirán, de entre as obras presentadas, o primeiro, segundo, terceiro, cuarto e quinto premio de cada categoría.
O xurado reuniráse o día 6 de Xuño, dando a coñecer a continuación o seu veredicto, que será comunicado ós gañadores.
Tódolos traballos serán expostos dende o día 19 ó 23 de Xuño, no lugar que a tal fin se prepare, no Recinto Feira Internacional Semana Verde de Galicia, Silleda – Pontevedra.

6.- Premios
Ós cinco primeiros clasificados de cada categoría concederáselle os premios seguintes:

1º Premio: Unha viaxe para dúas persoas ó PARQUE da WARNER BROS.
2º Premio: Tarxeta-Regalo* por valor de 150 € (25.000 ptas.)
3º Premio: Tarxeta-Regalo* por valor de 120 € (20.000 ptas.)
4º Premio: Tarxeta-Regalo* por valor de 90 € (15.000 ptas.)
5º Premio: Tarxeta-Regalo* por valor de 60 € (10.000 ptas.)


*Válido para compra de material escolar ou deportivo en calquer centro de “El Corte Inglés”.

Igualmente, concederáse Diploma de Participación por tódolos debuxos presentados.
Os premios entregaránse o día 22 de Xuño durante a Recepción Oficial, debendo estar presentes os gañadores, ou os seus representantes.

7.- Destiño dos traballos
A) Os traballos premiados quedarán en propiedade da Federación Frisona Galega, podendo empregalos para fins promocionais, publicitarios ou outros.
B) O resto dos traballos poderán ser retirados dentro do mes seguinte ó Concurso, nas oficinas da Federación Frisona Galega sita en C/ Pastoriza, 20-1º, 15704 Santiago de Compostela.
C) Os traballos que non sexan retirados en dito prazo pasarán a ser propiedade de Fefriga.


8.- Disposicións Finais
A) Os debuxos deberán ser realizados polos rapaces, polo que, en caso de dúbida e de considera-lo necesario, o xurado poderá realizar ou ordenar as comprobacións que estime oportunas, podendo incluso pedir ó autor dun traballo que faga unha demostración das súas habilidades.
B) O fallo e decisións do xurado serán firmes, irrevocables e inapelables.
C) A participación neste Concurso implica o aceptar as condicións recollidas neste regulamento así como aquelas outras que, para o bó desenrolo do Certame a Comisión Organizadora puidera establecer.
D) Toda-las cuestións que se puideran presentar e que non estén previstas nos artigos deste regulamento, serán resoltas pola Comisión Organizadora.

RELACIÓN DE PREMIADOS NO 2001

Categoría ALEVÍN - 3 a 7 anos
Categoría INFANTIL - 8 a 12 anos
Categoría JUNIOR - 13 a 16 anos
1º Premio:
ALBA BLANCO PARDO
A MIÑA CASA 4 anos (Xermade - LU)
1º Premio:
DAVID MOLDES PÉREZ
SABER TRABALLAR 11 a. (Silleda - PO)
1º Premio:
CÉSAR RIESGO FRANCO
DE TOLAS NADA 14 anos (Santiago - C)
2º ANDREA PARDO FERNÁNDEZ
6 anos - A Coruña - C

3º ANDREA ABELEDO RGUEZ
6 anos - Silleda - PO

4º NOEL RODRÍGUEZ ALVITE
6 anos - Pol - LU

5º ISIDRO CALVO VARELA
3 anos - Ordes - C

2º TANIA PACIO RIVAS
8 anos - A Pastoriza - LU

3º AITANA BALBOA LINARES
10 anos - Santiago - C

4º SONIA CARBIA TEJO
9 anos - A Estrada - PO

5º MARTÍN FRANCOS REGO
8 anos - A Pastoriza - LU

2º JESSICA BELLO BEN
14 anos - Abadín - C

3º CARLOS CALVO VARELA
13 anos - Ordes - C

4º CRISTINA SEOANE NOVO
15 anos - Curtis - C

5º HUMBERTO DE LA TORRE FDEZ
14 anos - Silleda - PO





R/ Melide 25-27 Baixo - 15705 Santiago de C. - A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879 + 34 981 573 775
Xunta de Galicia
Diseño web de Lugonet