FEFRIGA - Federación de Frisona Galega
  PRESENTACIÓN
  BRANCO E NEGRO
  ACTIVIDADES E RESULTADOS
  LIBRO XENEALÓXICO
  NOTICIAS E AVISOS
  ACCESOS RÁPIDOS
  MEMORIAS FEFRIGA


Memoria Fefriga 2022


Política de privacidade

Clausulado
Rúa Melide 25-27 Bajo
15705 Santiago de C.
A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879
+ 34 981 573 775



Galego Español
I ESCOLA INICIACIÓN DE FUTUROS GANDEIROS 2022

Os días 31 de agosto, 1 e 2 de setembro na gandería Finca la Asunción de Touro, A Coruña, tivo lugar unha escola de formación para futuros gandeiros, actividade organizada por Fefriga en colaboración co Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia.

Esta formación estivo dirixida por Bonet Cid Salgado, xuíz nacional de Conafe, que conta cunha ampla experiencia tanto como xuíz como no ámbito da formación, onde participou como monitor nas escolas de formación organizadas por Conafe, acompañando a Bonet estiveron: María Manteiga, Avelino Souto, María Castro e Oscar Castro, todos eles membros do Clube Xóvenes Gandeiros de Galicia.

Os alumnos tiñan entre 8 e 15 anos, sendo para a maioría a súa primeira toma de contacto con este tipo de formación, durante os tres días que durou a escola conviviron todos xuntos, pasando o día na granxa para despois quedarse a durmir nun hotel próximo, buscando ademais unha interacción entre eles, para que poidan crear vínculos de unión con outros nenos da súa idade aos que tamén lles gustan as vacas e a gandería.

A escola comezou cun percorrido pola explotación, onde Santiago Souto, propietario da mesma, explicou o seu funcionamento. Trátase dunha granxa con tres robots de muxido, un sistema de alimentación robotizado e control automatizado de luz e temperatura, unha granxa modelo, onde ademáis de poder observar toda esta tecnoloxía, o propietario explicou como organizan o traballo e os protocolos empregados no día a día da explotación.

Durante o curso fíxose fincapé no coñecemento das partes do animal e da súa importancia, despois cada alumno tivo un animal co que traballar durante os tres días, lavándoo, pelando e paseándoo, recibindo así unha formación básica sobre a preparación dos animais. para unha exposición.


GALERÍA DE FOTOS I ESCOLA INICIACIÓN FUTUROS GANDEIROS


R/ Melide 25-27 Baixo - 15705 Santiago de C. - A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879 + 34 981 573 775
Xunta de Galicia
Diseño web de Lugonet