FEFRIGA - Federación de Frisona Galega
  PRESENTACIÓN
  BRANCO E NEGRO
  ACTIVIDADES E RESULTADOS
  LIBRO XENEALÓXICO
  NOTICIAS E AVISOS
  ACCESOS RÁPIDOS
  MEMORIAS FEFRIGA


Memoria Fefriga 2022


Política de privacidade

Clausulado
Rúa Melide 25-27 Bajo
15705 Santiago de C.
A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879
+ 34 981 573 775



Galego Español
FESTA HOLSTEIN FEFRIGA ‘12

O día 28 de Xullo, coa celebración da Festa Holstein, culminaba unha semana adicada a diferentes actividades relacionadas co mundo do Frisón, organizadas polo Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia e a Federación Frisona Galega, en Ganadería UGASMA, de Andabao – Boimorto, A Coruña.
As actividades iniciábanse ás 10 da mañá do luns día 23 co Curso de Preparación, Doma e Manexo que se prolongaría ata o venres día 27 ás 7 da tarde. No mesmo e baixo a profesional dirección de expertos monitores, 13 xóvenes de entre 11 e 22 anos, iniciáronse ou perfeccionaron os seus coñecementos e técnica, como preparadores de animais.
Organizada polo Clube de Xóvenes Gandeiros e cos animais domados e pelados os días anteriores, iniciabamos a Xornada do día 28 coa celebración da IV Miniescola de Xuices Gandeiros. En primeiro lugar, D. Gabriel Blanco, na propia pista e sobre dúas vacas, explicou ós asistentes cómo debe ser a vaca ideal, a continuación e en base a ditas explicacións, os asistentes xulgaron 2 seccións de xovencas.
Unha vez rematado o xulgamento e despois de que Dn. Luis Seoane, en nome de Ganadería UGASMA, dera a benvida á explotación, os propietarios e persoal convidaron a todos os asistentes a visitar as instalacións, ofrecéndolles ampla información sobre o funcionamento da granxa, produccións, alimentación, u outros temas que, ó longo da visita, se lles foi preguntando, tras o cual e antes de proceder á Entrega de Premios e Imposición da Insignia de Ouro, poidemos degustar, -durante a comida de Irmandade,- un xovenco doado por UGASMA que asou ó espeto, o cociñeiro vasco, D. Karlos Ibarrondo.
O culmen da Xornada foi a Entrega de Premios ás Mellores Explotacións de Galicia e a Imposición da Insignia de Ouro Fefriga ’12 a Dn. Fco. Manuel Penabad Pita; a todos eles e desde estas liñas, queremos transmitirlles a nosa felicitación e noraboa.
Dende a Federación queremos manifestar o noso agradecemento a Ganadería UGASMA (propietarios e persoal), perfectos anfitrións desta Festa Holstein, pola súa acollida, traballo, paciencia, atencións e tamén…. Por criar becerros como o que nós comemos; ó Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia, polo seu traballo e adicación na formación dos xóvenes así como, pola súa inestimable colaboración na organización e desenrolo da Xornada, e tamén a todos os asistentes e a aquelas persoas, entidades, empresas, institucións, e outros que dalgunha maneira colaboraron para que esta festa fora todo un éxito.
A todos, moitas gracias.

GALERÍA DE FOTOS DA FESTA
Galería: IV Curso-Escola de Xóvenes Preparadores


R/ Melide 25-27 Baixo - 15705 Santiago de C. - A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879 + 34 981 573 775
Xunta de Galicia
Diseño web de Lugonet