
Rúa Melide 25-27 Bajo 15705 Santiago de C. A Coruña - España Tfno./Fax: + 34 981 573 879 + 34 981 573 775
|
 |
Insignia de Ouro Fefriga ‘09
Coa concesión da Insignia de Ouro de Fefriga, os Criadores de Frisón Selecto de Galicia pretendemos rendir homenaxe e recoñecer os méritos que concurren en diferentes persoas que, -xa sexa a título persoal ou dende os cargos que desempeñaron,- contribuiron de maneira significativa á promoción da Raza Frisona e á dos seus criadores.
Con esta premisa, a Xunta Directiva da Federación Frisona Galega, na súa reunión do día 17 de Marzo, e despois de valorar os moitos e importantes méritos que concurrían nos diferentes candidatos presentados, acordou por unanimidade, conceder a Insignia de Oro de Fefriga a Dn. José Maríl Sánchez, pola labor que dende e a través da Semana Verde, realizou, -acompañado dun extraordinario equipo profesional e humano,- durante os máis de 30 anos que permaneceu ó frente da Institución.
Como resumo dos moitos méritos nos que se basou a Xunta Directiva para a concesión da Insigna de Ouro, e que son ilustrativos da interrelación que dende fai longo tempo mantuvo José Maríl e Semana Verde cos Criadores de Frisón Selecto, merece destacar os seguintes:
• O primeiro Concurso de Frisón, xulgado en pista e con xuiz único, celebrado na nosa Comunidade (e van 30 edicións), celebrouse en Semana Verde.
• A primeira Escola Nacional de Xuices celebrada en Galicia (1985) celebrouse nas instalacións do recinto.
• En 1991 e baixo os auspicios da Asociación Feiral, nacía a Asociación de Criadores de Frisón Selecto de Pontevedra (hoxe Africor-Pontevedra), quén continúa tendo a súa Sede Social no recinto.
• Foi tamén na Semana Verde ónde, a finais dos 80 se iniciaron as poxas de Frisón Selecto.
• O primeiro Concurso de Xóvenes Manexadores celebrado no estado español (e xa son 24 edicións) celebrouse en 1986 durante a Feira Semana Verde.
• Nas instalacións de Semana Verde celebramos 4 Concursos Nacionais (1991, 1995, 1998 e 1999) e dende 1996 son Sede do Concurso Autonómico Galego.
Coa concesión desta Insignia, os Criadores de Frisón Selecto de Galicia queremos poñer de manifesto o noso agradecemento e gratitude a D. José Maríl e a Semana Verde e todo o seu equipo de magníficos profesionais, polo excelente e fructífero traballo que desenvolven en pro da profesionalización, promoción e modernización do campo galego.
|