A Xunta Directiva desta Federación, na súa reunión do pasado día 25 de Maio, e despois de valorar os méritos que concurrían nos diferentes candidatos propostos acordou, por unanimidade, conceder a Insignia de Ouro de Fefriga a Dn. Domnino Garrote Manso en recoñecemento e gratitude polos máis de 30 anos de traballo adicados á unificación, organización e consolidación do Libro Xenealóxico e Programas de Selección da Raza Frisona. Pola súa aportación na vertebración do Libro Xenealóxico dentro do Novo Marco que creou o Estado das Autonomías (reconversión de ANFE en CONAFE), promoción da Raza Frisona Española, dos seus criadores e de maneira especial, polo apoio e colaboración que, -tanto de Él persoalmente como do seu extraordinario equipo,- recibiu esta Federación e seus Asociados. |
|