FEFRIGA - Federación de Frisona Galega
  PRESENTACIÓN
  BRANCO E NEGRO
  ACTIVIDADES E RESULTADOS
  LIBRO XENEALÓXICO
  NOTICIAS E AVISOS
  ACCESOS RÁPIDOS
  MEMORIAS FEFRIGA


Memoria Fefriga 2022


Política de privacidade

Clausulado
Rúa Melide 25-27 Bajo
15705 Santiago de C.
A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879
+ 34 981 573 775



Galego Español

Branco e negro: O periódico dos criadores de frisón de Galicia

Nº 11 - ABRIL 2002

CONCURSO AUTONÓMICO FEFRIGA 2002
DEBUXA E GAÑA UNHA VIAXE
AVALIACIÓN XENÉTICA XANEIRO 2002
COMPRA CONXUNTA DE DOSES SEMINAIS
LIBRO XENEALÓXICO DA RAZA FRISONA

CONCURSO AUTONÓMICO FEFRIGA 2002 E CONCURSO INTERNACIONAL SEMANA VERDE 2002
Como consecuencia do adianto das datas de celebración do Concurso Nacional de Outono “Conafe 2002”, que terá lugar en Xixón durante os días 26 ó 29 de Setembro, vímonos obrigados a revisar a convocatoria do noso certame, polo que, -tras consultar á Comisión de Concursos,- a Xunta Directiva desta Federación acordou que o XI Concurso Autonómico da Raza Frisona “Fefriga ‘02”, a VI Subhasta Top-Bos así como o resto de actividades que se desenrolan paralelamente o certame, se celebren durante os días 19 ó 23 de Xuño, coincidindo co XXV Aniversario da Feria Internacional Semana Verde de Galicia e o XXIV Concurso Internacional de Frisón.

Como sempre, esperámosvos a todos

Martes 18
de 10.00 a 20.00 Entrada do Gando

Mércores 19
de 10.00 a 20.00 Descanso e exposición dos animáis

Xoves 20
de 10.00 a 20.00 Preparación do gando e exposición

Venres 21
10.00 Xulgamento das seccións e campionatos de Becerras e Xovencas.
18.00 XVIII Concurso de Xoves Manexadores

Sábado 22
10.00 Xulgamento das seccións de vacas en lactación, campionatos e Grupos.
18.00 VI Subhasta Top-Bos
20.30 Recepción Oficial a gandeiros e autoridades, Entrega de pracas ás mellores ganderías, e Entrega de premios dos diferentes concursos

Domingo 23
10.00 Exposición dos animáis
12.00 X Subasta Élite de Novillas e Embrións S. Verde
19.00 Desfile de Campionas no Ring Principal

Volver



DEBUXA E GAÑA UNHA VIAXE
Tra-lo éxito acadado no 2001, a Federación Frisona Galega convoca o seu II Concurso de Pintura Fefriga ´02, no que poderán participar todos aqueles rapaces que o desexen e a súa idade non supere os 16 anos incluídos. Establécense as tres categorías seguintes:

1ª Alevín ............ de 3 a 7 anos
2ª Infantil ......... de 8 a 12 anos
3ª Junior ........ de 13 a 16 anos

A temática dos debuxos a presentar estará basada no “Sector agrogandeiro e a vida no campo”.

Haberá interesantes premios para os 5 mellores clasificados de cada categoría e ...



Se desexades participar, solicitade as bases do Concurso na vosa Africor ou en Fefriga

Volver



AVALIACIÓN XENÉTICA XANEIRO 2002

Novo LOURO
Mason X Tesk X Aerostar

Colócase no Nº 4 do Ranking Nacional sendo un touro moi balan-ceado. En producción é intermedio: +588Kg/L, positivo en % de graxa +0.02, e moi positivo en % de proteína +0.18.
Produce fillas altas, profundas e moi angulosas cunhas ubres excepcionaes, destacando a súa extraordinaria ubre posterior +3.46 e ligamento suspensor +2.35.
Non usar en vacas de patas rectas e/ou pezóns excesivamente cortos.


Novo FONTANS
Emory X Holiday X Chief Mark

Irmán completo de Henkeseen Emperor, Fontans preséntasenos na súa primeira proba como un exce-lente transmisor de producción e tipo.
Con 54 fillas o seu índice de producción sitúase en +1.354 Kg/L, sendo ademáis +2.26 en tipo total.
As súas fillas son tremendamente altas, profundas, moi angulosas e de extraordinarias patas e talóns.
Empregar sobre vacas que non teñan patas rectas nin grupas altas.

Novo BIBEI
Factor X Aerostar X Enhancer

Portador de Factor Vermello, Bibei é un touro que mantén as produccións de leite e % de graxa, mellorando sustancialmente o % de proteína: +.14.
As súas fillas son altas, con boas patas e moi boas ubres.
Utilizar sobre vacas con boa capacidade e fortaleza, e que non teñan patas rectas.


CUBEIRO
Juror X Thor X Chief Mark

A medida que incorpora novas fillas á súa proba, vaise consolidando como un semental extraordinario. Cubeiro conxuga perfectamente unha extraordinaria capacidade de producción: +1103Kg/L, cunha morfoloxía sumamente funcional: +1.98, da que cabe destacar a gran fortaleza e capacidade corporal: +2.44 e as excepcionais ubres: +1.98.

CUBEIRO (continua)
Juror X Thor X Chief Mark

As fillas de Cubeiro son animáis moi fortes, altas, de peito ancho e moi profundas, con ubres extraordinarias.
Utilizar en vacas que necesiten forza (moi angulosas) e de boas patas (dáas algo curvas e con pouco talón).

WIND SULTAN
Southwind X Rotate X Chairman

Pasa das 1.822 fillas na proba de Xullo ’01 ás 3.165 na de Xaneiro ’02, mantendo os seus índices de producción e tipo.
As fillas de Wind Sultan son boas productoras, e con moi boas calidades: +.37 en graxa e +.10 en proteína, teñen ubres correctas e moi boas patas.
Sultan debe ser empregado sobre vacas altas, fortes e con boa capacidade en xeral.

LÉREZ
Blackstar X Chief Mark X Bell

Cun 98% de fiabilidade e 655 fillas na súa proba, LÉREZ confírmase como un touro EXCEPCIONAL tanto en producción: +1.352 Kg/L, como en tipo: +1.96.
Lérez produce vacas tremendamente leiteiras, moi altas e angulosas, con boa capacidade corporal, boas grupas e moi bo sistema mamario.
Utilice LÉREZ sobre vacas con bos % de graxa e proteína e que teñan boas patas (cuartillas fortes e non demasiado longas).


Volver



COMPRA CONXUNTA DE DOSES SEMINAIS

Como cada ano nestas datas, lévase a cabo a Campaña para a adquisición conxunta de doses seminais. Este ano a Mesa Técnica seleccionou os touros seguintes:


1. Touros En Proba
Entregaránse a cada gandería, gratuitamente e ó azar, doses dalgúns dos 70 sementáis que está previsto entren no Programa de Testaxe conxunto de Galicia e Asturias durante o presente ano.

2. Touros Probados do Programa de Mellora Xenética
Suministraranse as doses necesarias, -e nas condicións que se especifican na solicitude,- para inseminar ata un 60% das vacas.
Os touros incluídos son: Belesar, Bibei, Cubeiro, Fontans, Lérez, Louro, Mendo e Wind Sultan.

3.Outros Touros Probados
Suministraránse as doses precisas para cubrir ata un 15% das reproductoras.
Os sementais, -de alto valor xenético,- seleccionados para este ano son: Cevis, Eminenz, Ford, Inquirer, Lee, Marshal e Webster.

Volver




PROGRAMA DE TRANSFERENCIA DE EMBRIÓNS

MOI IMPORTANTE

A Declaración de Nacemento deberá ter entrada na oficina do Libro Xenealóxico Oficial da Raza dentro dos tres meses seguintes o do seu nacemento
Art. 1º do Regulamento do Libro Xenealóxico
Dacordo co anterior, a Xunta Directiva de Conafe acordou que se o animal supera dita idade, a declaración deberá ir acompañada das probas de paternidade. De non ser así, será inscrito directamente no Rexistro Auxiliar Cat. “A”.

Nota: Non esqueza que na Declaración de Nacemento do animal debe reseñar o número do crotal sanitario.


Volver






R/ Melide 25-27 Baixo - 15705 Santiago de C. - A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879 + 34 981 573 775
Xunta de Galicia
Diseño web de Lugonet