FEFRIGA - Federación de Frisona Galega
  PRESENTACIÓN
  BRANCO E NEGRO
  ACTIVIDADES E RESULTADOS
  LIBRO XENEALÓXICO
  NOTICIAS E AVISOS
  ACCESOS RÁPIDOS
  MEMORIAS FEFRIGA


Memoria Fefriga 2021


Política de privacidade

Clausulado
Rúa Melide 25-27 Bajo
15705 Santiago de C.
A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879
+ 34 981 573 775



Galego Español

Branco e negro: O periódico dos criadores de frisón de Galicia

Nº 12 - XULLO 2002

CONCURSO AUTONÓMICO FEFRIGA 2002 E CONCURSO INTERNACIONAL SEMANA VERDE 2002
VI SUBHASTA TOP-BOS
ELECCIÓNS AFRICOR-LUGO
AVALIACIÓN XENÉTICA XANEIRO 2002
COMPRA CONXUNTA DE DOSES SEMINAIS
LIBRO XENEALÓXICO DA RAZA FRISONA

CONCURSO AUTONÓMICO FEFRIGA 2002 E CONCURSO INTERNACIONAL SEMANA VERDE 2002


O 25 Aniversario da “Feria Internacional Semana Verde de Galicia” marcou un hito no que a concursos de gando frisón na nosa comunidade se refire. Un hito en tódolos aspectos; na participación, -competiron 184 animáis, orixinarios de 5 países, e propiedade de 59 explotacións nacionáis e extranxeiras,- na calidade dos animais, -participaron campionas de distintas autonomías e/ou paises do noso entorno,- en premios,- repartíronse máis de 27.000€ (4.500.000 Ptas) en premios en metálico, ós que se suman os lotes de embrións para as campionas, unha becerra, trofeos e lotes de doses semináis de touros de Fontao para tódalas ganderías participantes,- e éxito tamén, na gran asistencia de público profesional (galego, nacional e extranxeiro), que nos acompañou durante a celebración tanto dos concursos e actividades, como na VI Subhasta TOP-BOS.

Si amigos, con este preámbulo podemos definir o que foron o XI Concurso Autonómico da Raza Frisona “Fefriga 2002 e o XXIV Concurso Internacional de Frisón Semana Verde, que se celebraron en Silleda os pasados días 21 e 22 de Xuño, e que foron xulgados polo extraordinario Xuiz Internacional da Holstein Association of Canadá D. Yvon Chabot quen estivo acompañado en pista polo noso bó amigo e infatigable colaborador D. Gabriel Blanco, Xefe do Dpto de Morfoloxía de Conafe. O Sr. Chabot (que este outono será o encargado de xulgar o Royal Winter Fair de Canadá) demostrou ó longo de todo o certame o seu excelente coñecemento da Raza Frisona, así como a súa ampla experiencia e bo facer nestas lides. Sí, con aplomo, seguridade e a rapidez que define tán só ós auténticos profesionais, o Sr. Chabot colocou no seu lugar a todos e cada un dos animais que compoñían as distintas seccións, ofrecendo a continuación, explicacións claras, concretas e concisas dos motivos polo que realizara a súa colocación.

A pesar de que máis adiante ofrecemos con todo detalle os resultados das distintas seccións, queremos destacar o papel realizado por Cid Astre ROSI, de Gandería Cid, C.B. (Barreiros-LU) que tras quedar colocada primeira da sección de Becerras de 13 a 15 meses conquistou os títulos de Becerra Campiona de Galicia, Ternera Campeona Internacional e Xovenca Gran Campiona de Galicia. A Novilla Gran Campeona Internacional correspondeu o extraordinario exemplar de nome Travesía Progress LISA propiedade do Sindicato Lisa de Iraizotz-Navarra.

En canto ás vacas é de resaltar o papel realizado por Bos Astre BAIÑA MB87, esta extraordinaria vaca, -criada na UTE Bos e adquirida pola Gandería Cobas (Silleda-PO) na I Subhasta Top-Bos, conquistou os títulos de Vaca Adulta Campiona de Galicia e Subcampeona Internacional, Gran Campiona de Galicia e tamén Mellor Ubre de Galicia. Como Gran Campiona Internacional, o Xuiz designou a Salinoise OTTAWA, propiedade de Shanon Farms, de Irlanda. Esta soberbia vaca, -que acadou o Título de subcampiona de Francia na Feira de París,- é filla de Langourla, outra excepcional e ben coñecida vaca, que conta no seu palmares nada menos que o Título de Vaca Campiona de Francia (Feira de París) así como o de Campiona Reserva de Europa, Título este conseguido no Aberto de Verona (Italia) no que só foi superada pola inigualable Quintana Grand MELISA.

En resumo, podemos decir sin temor a equivocarnos, que Semana Verde 2002 foi o punto de encontro no que se deron cita bo número das mellores vacas de España e Europa, facendo as delicias dos gandeiros ós que lles gustan boas vacas Holstein, sin importarlles (como debe ser), quén, dónde ou cómo foron criadas. Sí señores, pensamos que o éxito dun concurso mídese pola calidade dos animais concursantes, e a fé que podemos dicir,- e con orgullo que este ano en Silleda houbo CALIDADE con maiúsculas; e decimos con orgullo porque, non o esquezamos, máis da metade dos 27.000€/4.500.000 Pts. recaeron en animáis propiedade de ganderías de Galicia. A todas elas e a todos os que colaboran na promoción da Cabaña Frisona Galega

¡Moitas Gracias!



Volver



VI SUBHASTA TOP-BOS
Ás seis da tarde do día 22 de Xuño, en Silleda daba comenzo, no ring de concursos, a VI Subhasta TOP-BOS no que se puxeron a venta 14 estupendos exemplares (10 femias e 4 machos), criados na Unidade de Transferencia Embrionaria de Bos. Igualmente, e por primeira vez, subhastáronse 5 extraordinarios lotes de embrións procedentes das mellores doadoras da UTE.

Máis adiante detállanse os prezos no que foron vendidos todos e cada un dos lotes subhastados, pero son de destacar os 6.100€ pagados por Bos Formation SARAIBA ET e Bos Winchester BALA ET así como os 6.000€ pagados por Bos Lee MERLA ET.

A gran afluencia de público de diferentes autonomías e incluso do extranxeiro, e o

extraordinario nivel xenético, morfolóxico e sanitario dos animais subhastados,- reflexados nos prezos pagados, así como a seriedade e garantías que ofrece todo o proceso, avalan e confirman a subhasta Top-Bos como unha das máis prestixiosa a nivel de todo o Estado.

Bos Formation SARAIBA ET foi vendida en 6.100€

Lote Animal / Embrión Prezo Comprador
1 Bos Stoneham TRONCADA 2.400 € Xercas - Portalousa (Xermade-LU)
2 Bos Cousteau BOIRA 2.600 € José Santomé Pereiro y Otros (Lalín-PO)
3 Bos Aaron ZARA 2.300 € Xercas - Casa Pernas (Xermade-LU)
4 Bos Formation SARAIBA ET 6.100 € Xercas - Casa Pernas (Xermade-LU)
5 Bos Metro ICIA ET 2.500 € Gandería Purutú (Chantada-LU)
7 Bos Winchester BALA ET 6.100 € Xercas - SAT Cavadas (Xermade-LU)
8 Bos Windsor VERA 4.100 € Xercas - SAT Cavadas (Xermade-LU)
9 Bos Lee MERLA ET 6.000 € Xercas - Portalousa (Xermade-LU)
10 Bos Marty ADAI 4.500 € Xercas - Casa Pernas (Xermade-LU)
11 Bos Manfred LIRA ET 4.600 € José Santomé Pereiro y Otros (Lalín-PO)
13 Bos Igniter VALOR 1.200 € Jesús Diéguez Cuñarro (Rodeiro-PO)
14 Bos Rubens SALAIO 2.000 € SAT Langueirón (Ponteceso-C)
15 Bos Laurier CURUXO 1.800 € Plá de Vencilló, SCCL (Linyola-Lleida)
16 Bos Jolt MARQUES ET 2.100 € Gandería A Viña (Agolada-PO)
17 2 Emb. de RIGUEIRA x STORMATIC 1.150 € Casa do Capador (A Pastoriza-LU)
18 2 Emb. de MACIÑEIRA x ALLEN 600 € Triláctica, SL (Lleida)
19 2 Emb. de MERA x INQUIRER 1.200 € Casa Xepe (Ribadeo-LU)
20 2 Emb. de CURUXA x STORMATIC 1.000 € Granxa Caxigueira (Ortigueira-CO)
21 2 Emb. de ANTIGA x RUBENS 850 € Gandería Blanco (Lalín-PO)

Volver



ELECCIÓNS AFRICOR-LUGO
Según o previsto nos estatutos, o pasado día 10 de Xuño Africor-Lugo celebrou eleccións para renovar a metade da súa Xunta Directiva, resultando elexidos os Sres:

D. Manuel Rodríguez Liz
D. José Manuel López Tellado
D. Fernando Paz Aguiar

Tras tomar posesión dos seus cargos, o pasado 24 de Xuño, a Xunta Directiva de Africor-Lugo queda constituida como sigue:

Presidente D. J. Aquilino Rodríguez López
Vicepresidente D. Manuel Rodríguez Liz
Secretario D. Francisco López Folgueira
Tesoureiro D. José Manuel López Tellado
Interventor D. Álvaro J. Castro Fernández
Vocal 1º D. Fernando Paz Aguiar
Vocal 2º D. Manuel Pacín Rey

Coa nosa noraboa, desexámoslles tódolo mellor para eles e para Africor-Lugo.


Volver



AVALIACIÓN XENÉTICA XANEIRO 2002

LOURO
Mason X Tesk X Aerostar

Pasa das 75 fillas da súa proba de Xaneiro ás 274 en 244 rabaños na proba de Xullo.
Mantense como un excepcional mellorador do % de proteína (+.18%) e mellora a súa proba en tipo pasando de +2,80 a +3,26.
As súas fillas son tremendamente altas (+3,30), angulosas (+2,67) con moi boa profundidade corporal (+2,31) e ubres extraordinarias (+3,38 Inserción posterior, +1,73 a anterior e +2,81 ligamento suspensor).
Utilizar sobre vacas que non teñan patas rectas.


Novo MIÑOTELO
Celsius X Mascot X Blackstar

Na súa primeira proba con 82 fillas en producción e 117 en tipo, este fillo de Celsius preséntase como un touro mediano en producción con desvia-ción de graxa positiva e extraordinaria desviación de proteína (+.19%). O seu tipo é correcto (+1,38 IGT), desta- cando as patas (+1,67 IPP) e o sistema mamario (+1,34 ICU).
Utilizar sobre vacas fortes, anchas de peito e grupa e/ou que non teñan patas rectas.

Bos Celsius MACIÑEIRA ET MB87
04/00 291d. 11792Kg/L 3,8%G 3,5%P (en curso)
irmá completa de MIÑOTELO

Novo PEDROUZOS
Mason X Aerostar X Rotate

Cun 91% de fiabilidade, 153 fillas en producción e 170 en tipo, chega a primeira proba deste fillo de Mason X Gallivant (Aerostar X Rotate) presentándose como un gran mellorador en leite (+1079 Kg/L) mantendo o % de proteína. O seu tipo é funcional (+1,59 IGT) do que cabe destacar unha gran angulosidade (+2,13), moi boa inserción anterior da ubre (+1,68) e moi bo ligamento suspensor (+1,78).
As fillas de Pedrouzos son moi boas productoras, altas, angulosas e con ubres correctas.
Utilizar sobre vacas fortes, de peito ancho e/ou que non xunten corbellóns e teñan bo talón.

CUBEIRO
Juror X Thor X Chief Mark

Con 1022 Kg de leite, Cubeiro confírmase como un gran touro que conxuga a perfección a habilidade de transmitir fillas con altos niveis de producción, unidos a unha morfoloxía sumamente funcional, da que destacan as estupendas ubres (+2,38 ICU) e a capacidade (+2,43 ICAP).
As fillas de Cubeiro son animáis fortes e altos, de peito ancho, moi profundos e con ubres exepcionais.
Utilizar sobre vacas moi angulosas e con boas patas (dáas curvas e con pouco talón).

LÉREZ
Blackstar X Chief Mark X Bell

Cun 99% de fiabilidade na súa proba, Lérez confírmase como un líder indiscutible tanto en producción (+1279 Kg/L) como en tipo (+1,92).
As fillas de Lérez son unhas productoras extraordinarias, con moi boa capacidade corporal, estatura e moi bo sistema mamario.
Non utilizar sobre vacas con baixos % de graxa e proteína; que xunten corbellóns e/ou que teñan cuartillas débiles ou excesivamente longas.

WIND SULTAN
Southwind X Rotate X Chairman

Engade 1590 fillas a súa proba co que nesta avaliación, os seus índices xenéticos están calculados sobre un total de 4755 fillas.
Manten os seu índice de producción e desvicacións no % de graxa (+.36%) e proteína (+.09%).
As fillas de Sultan son de estatura media, con boas ubres e moi boas patas.
Debe empregarse sobre vacas altas, fortes e con moi boa capacidade corporal.


Volver



COMPRA CONXUNTA DE DOSES SEMINAIS

O día 6 de xuño, ás 18h. e nas instalacións da Fundación Semana Verde de Galicia en Silleda, reuníase o Xurado Cualificador do II Concurso de Pintura “Fefriga ’02” que estivo composto nesta ocasión polos Sres D. José Mª Salgado López, Presidente da Denominación de Orixe “Queixo de Tetilla”, quen actuóu como Presidente do Xurado. D. Anxo Quintela González, dos Servicios informativos da TVG, que actuóu como Secretario; e como vocais D. Fernando Viñas Cedrón, Delegado de Mapfre Agropecuaria para Galicia, D. José Aquilino Rodríguez López, Presidente da Federación Frisona Galega, e D. Julio Pérez Filloy, Director da Lonxa Agropecuaria de Galicia.

Despois de examinar unha a unha, as máis de 100 obras presentadas, e tras longas deliberacións, o Xurado acordóu por unanimidade, conceder os premios detallados nesta web.

Desta II edición cabe destacar a gran calidade dos traballos presentados, en particular visión a menudo sorprendente visión que do mundo agrogandeiro teñen os máis xoves, así como a súa especial forma de plasmala nos seus debuxos.

Por todo elo, transmitímoslles nosa felicitación, aproveitando xa para invitalos dende hoxe a participar na III Edición deste concurso, que con toda seguridade, celebraremos o ano que ven.

Non podemos finalizar esta liñas sen felicitar e transmitir noso sinceiro agradecemento a tódolos membros do Xurado, pola dedicación, sensibilidade e extraordinaria valía humana e profesional, demostrada unha vez máis o longo de tódolo proceso de valoración dos traballos e concesión dos premios.

Exposición das obras presentadas ó Concurso
no Recinto Feira del Silleda

Categoría ALEVÍN - 3 a 7 anos Categoría INFANTIL - 8 a 12 anos Categoría JUNIOR - 13 a 16 anos
1º Noel Rodríguez Alvite (Pol - LU)
2º Pablo Bescansa García (Santiago -C)
3º Daniel Moure Otero (Ordes - C)
4º Denise Paz Rodríguez (Silleda - PO)
5º Marco Lorenzo Crespo (Silleda - PO)
1º Andrea Pardo Fernández (A Coruña)
2º Manuel Bescansa G. (Santiago - C)
3º Bruno García M. (A Pastoriza - LU)
4º Aitana Balboa Linarez (Santiago - C)
5º Jaime Bescansa García (Santiago - C)
1º Jessica Bello Ben (Abadín - LU)
2º Laura Moldes Pérez (Silleda - PO)
3º Carlos Calvo Varela (Ordes - C)
4º Martín Castro Segade (Arzúa - C)
5º Cristina Seoane Novo (Curtis - C)

Volver




PROGRAMA DE TRANSFERENCIA DE EMBRIÓNS

MOI IMPORTANTE

A Declaración de Nacemento deberá ter entrada na oficina do Libro Xenealóxico Oficial da Raza dentro dos tres meses seguintes o do seu nacemento
Art. 1º do Regulamento do Libro Xenealóxico
Dacordo co anterior, a Xunta Directiva de Conafe acordou que se o animal supera dita idade, a declaración deberá ir acompañada das probas de paternidade. De non ser así, será inscrito directamente no Rexistro Auxiliar Cat. “A”.

Nota: Non esqueza que na Declaración de Nacemento do animal debe reseñar o número do crotal sanitario.


Volver






R/ Melide 25-27 Baixo - 15705 Santiago de C. - A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879 + 34 981 573 775
Xunta de Galicia
Diseño web de Lugonet