
Rúa Melide 25-27 Bajo 15705 Santiago de C. A Coruña - España Tfno./Fax: + 34 981 573 879 + 34 981 573 775
|
 |

Nº 13 - DECEMBRO 2002
GALICIA IIª AUTONOMÍA CONAFE '02 XXIV CONCURSO NACIONAL CONAFE 2002
IIª MOSTRA NACIONAL DE GRUPOS DE DESCENDENCIA CONAFE '02
XVI ESCOLA DE XUICES GANDEIROS "FEFRIGA '02"
II XUNTANZA DE TÉCNICOS DE CAMPO "FEFRIGA '02"
PROGRAMA DE TRANSFERENCIA DE EMBRIÓNS
LIBRO XENEALÓXICO DA RAZA FRISONA
GALICIA IIª AUTONOMÍA CONAFE '02
XXIV CONCURSO NACIONAL CONAFE 2002 |
 |
Grupo de vacas co que Galicia conquistóu
o título de IIª Mellor Autonomía Conafe '02 |
A Feira Internacional de Mostras de Asturias, en Xixón, acolleu
durante os pasados días 26 ó 29 de Setembro, o XXIV
Concurso Nacional Conafe ´02 no que participaron 262
animáis. Galicia non podía faltar a tan importante cita,
e alí estivemos con 19 estupendos exemplares.
O xulgamento do Concurso correu a cargo do Xuiz Internacional
da Asociación Holstein de Estados Unidos, Mr. Randy
M. Kortus, propietario da gandería Mainstream Holstein,
quen comentou a gran calidade dos animáis presentados, confirmando
este certame como un dos máis importantes a nivel Internacional
e o de maior nivel por el xulgado.
Non imos facer un resumen do que foi o concurso, -Frisona
Española no seu nº 131 de Septembro- Outubro 2002,
xa se ocupou delo,- pero sí debemos, e queremos, resaltar
os estupendos resultados acadados polos gandeiros galegos conquistando
para Galicia títulos tan importantes como:
IIª Mellor Autonomía, cas vacas DOLORES,
Agrortegal GALLETERA Juror, Bos Astre BAIÑA, Xercas PUCHA
Lérez e Tato Fontans TANA propiedade das ganderías
Casa Costa, Granxa Caxigueira, Gandería Cobas, Xercas-Casa
Pernas e Gandería Tato respectivamente.

Reserva Gran Campiona e Vaca Adulta Campiona, DOLORES,
propiedade de Casa Costa de Barreiros, Lugo.
Vaca Subcampiona Intermedia, título acadado
por Agrortegal GALLETERA Juror, propiedade de Granxa
Caxigueira, de Ortigueira, A Coruña.
Outros animáis que merecen ser reseñandos son Nodi
Juror SILKY de Ganadería Nodi (Barreiros-LU) que
se colocaba 2ª na sección de Xatas de 11 a 14 meses
e Bos Astre BAIÑA de Gandería Cobas
(Silleda-PO), cuarta na sección de vacas adultas de 6 anos
ou máis.
|
 |
Agrortegal GALLETERA Juror (Granxa Caxigeura-C)
Vaca Subcampiona Intermedia |
 |
Bos Astre BAIÑA (Gandería Cobas-PO)
cuarta na sección de Vacas Adultas en Lactación
de 6 anos |
A extraordinaria calidade das fillas dos touros do Programa de Mellora
Xenética de Galicia demostrada durante a presentación
da IIª Mostra Nacional de Grupos de Progenie, así como
os bos resultados acadados neste XXIV Concurso Nacional, confirman
a calidade e profesionalidade que tras largos anos de traballo, estan
acadando as ganderías de Galicia.
GANDERÍAS PARTICIPANTES :
CASANOVA SAT 1021 XUGA (Mesía - C)
CASA CAPÓN (Chantada - LU)
CASA COBAS (Silleda - PO)
CASA COSTA (Barreiros - LU)
GANDERÍA CID, C.B. (Barreiros - LU)
GANDERÍA BLANCO (Silleda - PO)
GANDERÍA GONZÁLEZ (Lalín - PO)
GANDERÍA MANTOÑO (Barreiros - LU)
GANDERÍA NICASIO RIGUEIRO (Pastoriza - LU)
GANDERÍA NODI (Barreiros - LU)
GANDERÍA TATO (Chantada - LU)
GERMÁN Y MARTÍN, S.C. (Chantada - LU)
GRANXA CAXIGUEIRA (Otigueira - C)
GRANXA VIDUEIRA (Ortigueira - C)
GRANXA VILARMOR (Otigueira - C)
SAT OS HERDEIROS 1015 XUGA (Silleda - PO)
XERCAS - CASA PERNAS (Xermade - LU) A nosa noraboa e agradecemento
a todos que cos vosos animáis fixestes posible este gran
resultado para Galicia. ¡Gracias!
|
Volver 
IIª
MOSTRA NACIONAL DE GRUPOS DE DESCENDENCIA CONAFE '02 |
Por segunda vez, Conafe xunto con Ascol e Fefriga, organizaron
a IIª Mostra Nacional de Grupos de Progenie na que a Federación
Frisona Galega presentou 4 selectos lotes de vacas fillas dos touros:
CUBEIRO, FONTÁNS, LOURO e LÉREZ.
|
 |
 |
 |
 |
Cubeiro |
Fontáns |
Louro |
Louro |
Volver 
XVI ESCOLA DE XUICES GANDEIROS "FEFRIGA '02"
 |
Trálo paréntese obrigado que impuxo a
febre aftosa no 2001, os últimos días de Xullo volvían
a ser cita ineludible daqueles gandeiros galegos -e de outros que
xa figuran como incondicionais, vidos dende Asturias, Cataluña,
Extremadura, Toledo e Portugal,- que queren mellorar e actualizálos
seus coñecementos sobre a morfoloxía da vaca Frisona
a traves das Escolas de Xuices Gandeiros que organiza a Federación
Frisona Galega, en colaboración coas Africor, Conafe e a Consellería
de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta
de Galicia.
Nesta ocasión, a provincia de Lugo, máis concretamente
a zona sur, era o escenario onde se iba a desenrolar a XVI
Escola de Xuices Gandeiros “Fefriga ´02”
e para que todo estivera a punto, gandeiros, técnicos e persoal
de Africor-Lugo uniron os seus esforzos para ofrecer a extraordinaria
imaxe de calidade e profesionalidade que ó longo de toda
a Escola poidemos constatar.
Así pois, o día 29 de Xullo, no salón de
Actos da Cooperativa ICOS, en Chantada, e coa participación
de 172 alumnos, daba comenzo a XVI Escola de Xuices. As detalladas
explicacións que, da Conformación da Vaca Frisona
deu D. Gabriel Blanco, foron a introducción
téorica necesaria para que os alumnos, especialmente os máis
novos, se familiarizasen cas distintas rexións da vaca así
como a importancia que cada unha delas ten na vida productiva, e
polo tanto, na rentabilidade da vaca; tras esta charla, e como complemento
á mesma, Gabriel falou sobre o emprego dos Indices Xenéticos
á hora de realizalos acoplamentos correctivos, necesarios
para a obtención dos animáis lonxevos e rentables
que anteriormente describira.
Pola tarde, no Mercado de Gando de Chantada e baixo a experta
dirección do Xuiz Nacional D. José Ramón
Badiola, comezaban as clases prácticas co xulgamento
de catro estupendas seccións formadas por animáis
propiedade das ganderías: Fontestriz, Raxeiras, O
Pacio, Antonio López, Tato, Sendín, Perrelos. |
 |
Sección en Vilar de Susao (Vilarello-Sarria)
|
O día 30 os nosos pasos dirixíronse cara a comarca de
Sarria, iniciando a xornada cunha estupenda sección de vacas
propiedade da gandería Vilar de Susao, xulgaronse
outras tres moi boas seccións de animais. A xornada remataba
en Casa de Baixo co xulgamento de tres extraordinarias
seccións, así como unha interesante clase práctica
sobre a Conformación da Ubre.
 |
Sección en Casa de Baixo (Ermida-Vilamaior) |
O día 31 iniciábamos o noso percorrido na localidade
de Vilaxuste (Portomarín), onde se xulgaron catro bonitas seccións
compostas por animáis da Sat A Campiña,
seguidamente desplazámonos a Berbetouros no Concello de Palas
de Rei onde se xulgaron dúas interesantes seccións con
animáis de Sat San Miguel de Berbetouros e
para rematar a continuación tivemos outras dúas seccións
e unha Clase Práctica sobre Acoplamentos na Casa Arias
de Covelo. |
Volver 
II XUNTANZA DE TÉCNICOS DE CAMPO "FEFRIGA '02" |
Organizado pola Federación Frisona Galega
en colaboración cas Africores, celebrouse o pasado día
7 de outubro, a IIª Xuntanza de Técnicos de Campo,
na que participaron máis de 120 controladores e outros técnicos
procedentes das catro Africores e Fefriga.
A xornada, -que estaba dividida nunha parte, teórica e
noutra práctica,- comenzaba no Salón de Actos da Escola
de Capacitación Agraria de Guísamo, cas conferencias,
que sobre a Morfoloxía da Vaca Frisona e Acoplamentos Dirixidos,
impartíu o Xefe do Departamento de Morfoloxía
de Conafe, D. Gabriel Blanco, a continuación,
D. José Manuel Riesgo Fonseca, Xefe de Area
de Mellora Xenética da Consellería de Política
Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, explicou ós asistentes,
e con todo luxo de detalles, o estricto proceso de selección
que se segue para a incorporación da nova xenética
ó Programa de Mellora de Galicia.
|
Pola tarde, baixo a experta dirección de Gabriel Blanco, -acompañado
por Juan Manuel Ahedo, coordinador de Calificación,- os alumnos
realizaron prácticas de Xulgamento e acoplamentos dirixidos,
con catro lotes de animáis, -1 sección de xatas, outra
de novillas e dúas de vacas,- que a tal efecto foran preparadas
polo persoal da U.T.E. de Bos.
 |
Sección práctica
de vacas en lactación |
|
Volver 
PROGRAMA DE TRANSFERENCIA DE EMBRIÓNS
|
O pasado día 20 de novembro e tras longos
meses de negociación, o Conselleiro de Política
Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, Excmo. Sr.
D. Juan Miguel Diz Guedes e o Presidente da Federación
Frisona Galega, D. José Aquilíno Rodríguez
López asinaron o novo Convenio de Colaboración
para a xestión da U.T.E./U.D.E. Bos nos vindeiros catro anos.
Este novo Convenio, ó igual que o anterior, ten como obxetivo
a obtención de animáis, -machos e femias,- da mellor
xenética para, a partir da súa utilización
como pais e nais de élite, mellorar a Cabana Frisona Galega
no seu conxunto.
Tendo en conta, tanto a dimensión como as necesidades do
Programa, -preténdese implantar ó redor de 250 embrións/ano,-
como as limitacións da Finca de Bos para poder aloxar o número
de receptoras que se precisaría, é necesario, -para
lograr o obxetivo citado anteriormente,- contar cun determinado
número de explotacións que desexen colaborar co Programa
e que aporten o número de receptoras suficiente para implantar
ditos embrións.
As compensacións que recibirán as ganderías
incluídas no Programa serán as seguintes:
1. Chequeo gratuito e permanente da gandería,
frente a IBR, BVD, Neosporose, Paratuberculose, Leptospirose e Clamidiase,
mentres dure a colaboración co Programa.
2. Compensacións en material xenético
(dúas posibilidades):
- Quedarse co 50% das femias obtidas.
- Devolver ó Programa o 100% dos animáis obtidos (machos
e femias) recibindo a cambio dous embrións producidos na
U.D.E. Bos (asegurando sempre unha xestación) por cada animal
retirado.
|
A Unidade de Doadoras de Embrións (U.D.E. Bos)
poténciase e ampliase, a fin de dar cabida ás femias
que se recuperen das explotacións colaboradoras e, a partir
destas, incrementala producción de embrións poñendóos
á disposición de tódalas ganderías para
mellorálos seus rabaños.
O obxetivo desta Unidade é aproveitar ó máximo
as posibilidades de mellora que ofrece a “vía femia”,
continuando a súa vez as extraordinarias “familias
de vacas” cas que traballamos e multiplicálas, a fin
de crear unha ampla base de vacas élite nas ganderías
de Galicia, capaz de xerar por sí mesma a maioría
de sementáis a testar no futuro.
 |
Bos Storm XEBRA ET MB89 2ºp.
2ª L. 305 días 12 218 Kg/L, 3,8% G e 3,5 %P. |
Xa foron presentadas máis de 40 solicitudes para colaborar
co Programa; se Vd. está interesado en participar e precisa
máis información sobre o mesmo, sobre os embrións
producidos na U.T.E. Bos, ou calquer outro asunto non dubide en pórse
en contacto con Fefriga |
Volver 
PROGRAMA DE TRANSFERENCIA DE EMBRIÓNS
|
MOI IMPORTANTE
“A Declaración de Nacemento deberá ter entrada
na oficina do Libro Xenealóxico Oficial da Raza dentro dos
tres meses seguintes o do seu nacemento”
Art. 1º do Regulamento do Libro Xenealóxico
Dacordo co anterior, a Xunta Directiva de Conafe acordou que se
o animal supera dita idade, a declaración deberá ir
acompañada das probas de paternidade. De non ser así,
será inscrito directamente no Rexistro Auxiliar Cat. “A”.
Nota: Non esqueza que na Declaración de Nacemento do animal
debe reseñar o número do crotal sanitario.
|
 |
Volver 
|