
Rúa Melide 25-27 Bajo 15705 Santiago de C. A Coruña - España Tfno./Fax: + 34 981 573 879 + 34 981 573 775
|
 |

Nº 5 - XUÑO 2000
V CONCURSO NACIONAL DE PRIMAVERA "CONAFE 2000"
Iª MOSTRA DE GRUPOS DE DESCENDENCIA
IV SUBASTA DE NOVILLAS DE RAZA FRISONA
VII CONCURSO DE GANDO FRISÓN "FEIRADEZA 2000"
XXIII FEIRA INTERNACIONAL SEMANA VERDE 2000
REUNIÓN CON GANDEIROS DO NORTE DE PORTUGAL
¿XENÉTICA GALEGA PARA O MAGREB?
V CONCURSO NACIONAL DE PRIMAVERA "CONAFE 2000" |
Durante os pasados días 30 de Marzo ó
2 de Abril, celebrábase na cidade de Talavera de la Reina (Toledo),
o V Concurso Nacional de Primavera “CONAFE 2000”, cunha
participación de 68 ganderías de todo o Estado, que
presentaron 178 estupendos animais.
Este ano, o xulgamento do Certame correu a cargo do noso “compatriota”
D. Santiago García Souto quén, unha vez máis,
nos demostrou a sua experiencia e bo facer nestas lides.
Antes de entrar a comenta-lo desenvolvemento do concurso é
importante reseñar que nesta edición, e como consecuencia
do acordo acadado entre os organizadores do certame, (Conafe e Patronato
Ferial) e responsables dos tres programas de testaxe (País
Vasco, Asturias e Galicia), celebrouse a “1ª Muestra
Nacional de Grupos de Descendencia”, na que cada un deles
presentou dous lotes compostos por tres vacas, fillas de touros
dos respectivos Centros de Inseminación Artificial. Este
acordo motivou que, -a pesar de ser ben coñecida a postura
tanto dos gandeiros galegos como de Fefriga respecto ó Nacional
de Primavera-, Galicia estivera presente no Concurso con un selecto
grupo de animais.
 |
Stand de Xovencas |
Entrando xa no xulgamento e desenvolvemento do certame é
importante resaltar o bo papel desempeñado polos oito exemplares
que sacamos a Pista. Destacamos entre eles a estupenda xovenca de
nome Blanco Storm Noelia, propiedade da Gandería Blanco,
de Pardesoa -Lalín (Pontevedra) que, tras quedar primeira
na sección de xovencas de 14 a 16 meses, acadou o título
de Xovenca Subcampiona Nacional. |
 |
Blanco Storm NOELIA - 1ª Xatas
de 14 a 16 meses e Xovenca Subcampiona |
Tamén é de destaca-lo resultado obtido pola extraordinaria
primeiriza de nome Lérez, propiedade da Gandería Raxino
de Chantada (Lugo), que se clasificaba segunda nunha moi reñida
sección de excelentes animais.
 |
LÉREZ estivo colocada no
primeiro posto da sección ata o último momento |
Para rematar, queremos aproveitar para, dende estas liñas,
agradecer ó Patronato Ferial de Talavera así como
a AFRICAMA (personal e socios), a colaboración e atencións
que deles recibimos ó longo de todo o certame.
Igualmente e, como non podia ser menos, transmitir o noso máis
sincero agradecemento ás ganderías que, demostrándonos
a sua confianza e espíritu de colaboración, nos prestaron
os seus animais, contribuíndo deste xeito á promoción
dos programas e da cabaña Frisona Galega. |
Volver 
Iª
MOSTRA DE GRUPOS DE DESCENDENCIA
|
 |
Stand de Vacas fillas de Wind Sultan
e Lérez |
Dentro das actividades programadas con motivo da celebración
do Concurso Nacional de Primavera CONAFE 2000, e co obxectivo de
dar a coñecer a mellora que os touros Nacionais aportan á
cabaña Frisona Española, o pasado sábado 1
de Abril celebrábase en Talavera de La Reina, a “1ª
Muestra Nacional de Grupos de Descendencia”, na que participaron
seis estupendos grupos de fillas de touros Nacionais. ABEREKIN presentou
dous lotes de vacas, unhas fillas de CAMARO e outras de CHESTER;
ASCOL á sua vez, presentou un grupo de fillas de KERBY e
outro de AEROBIC; pola súa parte, Galicia concurreu cun grupo
de fillas de WIND SULTAN e outro de LÉREZ.
Independentemente da boa calidade dos grupos de animais presentados,
é importante destacar que esta 1ª Mostra foi motivo
para que responsables dos tres programas volveran a reunirse e falar,
polo que, ainda que só fora por esto... pensamos que valeu
a pena o participar
 |
Grupo de Vacas fillas de Bos Blackstar
LÉREZ |
|
 |
Grupo de Vacas fillas de Beaucoise
WIND SULTAN |
Resultados da
participación Galega
Sec. 2: Xatas de 11 a 13 meses
3º: Capon Lee LISTA - Casa Capon (LU)
Sec. 3: Xatas de 14 a 16 meses
1º: Blanco Storm NOELIA 132 - Blanco (PO)
3º: Blanco Lee MABEL 140 - Blanco (PO)
Sec. 4: Xovencas de 17 a 19 meses
6º: Bos Astre NARLA - G. Caxigueira ( C)
Sec. 5: Xovencas de 20 a 22 meses
7º: Machetin Bookie 39 - Casa Machatin (LU)
Sec. 6: Xovencas de 23 a 25 meses
2º: BELEN 40 - Casa Machatin (LU)
Sec. 7: XOVENCA CAMPIONA
Subcamp.: B. Storm NOELIA -Blanco (PO)
Sec. 11: Vaca xove en lact. de 31 a 35 m.
2º: LÉREZ - Raxino (LU) |
GANDERÍAS QUE APORTARON ANIMAIS
· Blanco (Lalín - PO)
· Casa Capón (Chantada - LU)
· Casa Machatin (Taboada - LU)
· Cavadas SAT X 941 (Xermade-LU)
· Dodolino López Ares (A Pastoriza - LU)
· Granxa Caxigueira (Ortigueira - C)
· Nicasio Rigueiro Iglesias (A Pastoriza - LU)
· Marey (Pol - LU)
· Raxino (Chantada - LU)
· SAT Lodos e Pérez 940 (A Pastoriza - LU)
· Varela (Castroverde - LU)
¡A todos, moitas gracias!
|
Volver 
IV SUBASTA DE NOVILLAS DE RAZA FRISONA |
Organizada por AFRICOR-CORUÑA, é co patrocinio
do Concello de Santa Comba celebrouse o pasado día 9 de
Abril a VI Subhasta de Novillas de Raza Frisona, na que se ofertaron
39 cabezas propiedade de 22 gandeiros da provincia de Coruña.
Dende ás 10 da mañá do domingo achegáronse
moitos gandeiros que puideiron comprobar a calidade dos animais
presentados, enchendo ó longo da mañá as
gradas do Recinto.
A xovenca máis cotizada, cun prezo de remate de 345.000
ptas., foi A Devesa Lieutenant AGNETA preñada de 6 meses,
propiedade de SAT Langueirón de Ponteceso.
Destacar tamén as 340.000 e 335.000 pesetas. pagadas por
Nuveira Raider AREXADA e Nuveira Raider XOUBA propiedade da Gandería
Nuveira de Mazaricos.
|
 |
Agrortegal DORILA Blacky |
A calidade dos animais e as sustanciosas axudas ós compradores
(descontos, doses seminais, transporte, etc.) contribuíron
a acadar o éxito rexistrado nesta edición.
|
Volver 
VII CONCURSO DE GANDO FRISÓN "FEIRADEZA 2000"
|
Os pasados 25 e 26 de febreiro tiña lugar
en Feiradeza-Lalín, o VII Concurso “FEIRADEZA 2000”.
Pese o mal tempo, o público non faltou a esta cita na que
puidemos ver estupendos animais das explotacións pontevedresas.
D. Francisco Penabad Pita, Xuíz Nacional de Conafe e propie-tario
da Granxa da Caxigueira, tivo que facer frente ó xulgamento
de cerca de 130 animais, dunha calidade máis que desexable.
Nas seccións de Xovencas merece detaca-los dous excepcionais
exemplares propiedade da Gandería Blanco (Pardesoa-Lalín),
Blanco Lee MABEL e Blanco Storm NOELIA, sendo esta última
a que conquistou o Título de Xovenca Gran Campiona FEIRADEZA
2000. |
Nas seccións de vacas en lactación
o Campionato e Gran Campionato foi para a vaca de nome Carballeiras
Tab DOE pro-piedade da Gandería Carballeiras (Goiás-Lalín),
sendo o subcampionato para Blanco Pony Express CUQUI da Gandería
Blanco.
Os títulos de Mellor Criador e Mellor Rabaño corresponderon
a Gandería Carballeiras, sendo Gandería Blanco o segundo
Criador e Rabaño. |
RESULTADOS
DO CONCURSO |
Xata Campiona
1ª Blanco Lee MABEL 140 (Blanco)
2ª A Zanca SANDINA (A Zanca)
Xovenca Campiona
1ª Blanco Storm NOELIA 132 (Blanco)
2ª Valerio Granite BLANCA (Valerio)
GRAN CAMPIONA DE XOVENCAS
Blanco Storm NOELIA 132 (Blanco)
Vaca Adulta Campiona
1ª Carballeiras Tab DOE (Carballeiras)
2ª B. Pony Express CUQUI 71 (Blanco)
GRAN CAMPIONA DE VACAS
Carballeiras Tab DOE (Carballeiras)
Mellor Ubre
Carballeiras Tab DOE (Carballeiras)
Mellor Criador / Mellor Rabaño
1º CARBALLEIRAS (Guías-Lalín)
2º BLANCO (Pardesoa-Lalín) |
CONCURSO DE MANEXADORES
S. 1 Ata 10 anos
Cristina Gónzalez Novo
Jacobo López Ansemil
Miguel Madriñán Albor
Rubén Madriñán Albor
Iván Uzal Sánchez
S. 2 De 10 a 14 anos
1º Manuel Otero Alvarellos
2º Mª Dolores Fernández Granja
3º Alberto Rodríguez Doval
S. 3 De 15 a 17 anos
1º Miguel Rodríguez González
2º Samuel Canceira Neira
3º Sonia Hermida Senra
S. 4 De 18 a 21 anos
1º María Fernández Granja
2º José Manuel Blanco Blanco
3º José Nogueira Pérez
|
Volver 
XXIII FEIRA INTERNACIONAL SEMANA VERDE 2000
|
As 23 edicións de Semana Verde consolidaron
esta Feira como a concentración máis importante de
actividades agrogandeiras da nosa Comunidade. Exposicións
de maquinaria, demostracións de novas tecnoloxías,
conferencias, concursos de gando, etc, son os motivos polos que
os profesionais do sector non esquecen esta cita anual.
As actividades relacionadas co gando frisón escomezaban
o venres, día 5, coa VI Festa Holstein na
que, a Fundación Semana Verde e baixo o patrocinio da Caixa
Rural de Lugo, facía entrega das correspondentes pracas ás
firmas: Cooperativa de Agrortegal (Ortigueira),
Biona -Saprogal e a D. Manuel Lago Hermida
(Silleda) en recoñecemento a súa particular colaboración
na organización dos diversos certames.
O sábado 6, pola mañá o Sr. Marc
Drapeau, especialista canadiense en preparación
e pelado de animais, impartía unha charla-demostración
sobre estes temas, no Ring do concurso.
Unha vez finalizada ésta, eran os máis novos os
que se facían co Ring para participar no XV Concurso
De Xovenes Manexadores. Destaca-la gran participación
así como a dedicación que tivo o Xuíz do concurso,
Mr. Mario Perreault, explicando a todos e cada
un dos manexadores os motivos da colocación así como
as pautas a seguir para mellora-la súa técnica
 |
(De dta. a esda.) Vanesa Carro
Iglesias, Marcial Vilariño Espiñeira, Iván
Cid Salgado e J. Manuel Blanco Blanco. |
Ás 17h., e para remata-la xornada celebrábase a VI
Subasta Élite Semana Verde na que se venderon cinco
estupendas xovencas a unha media de 298.530 ptas cada unha, e 5
lotes de dous embrións, que acadaron unha media de 115.560
ptas.
O domingo ás 10 da mañá comenzaba o XXIII
Concurso Internacional Semana Verde, sendo o xuíz
deste certame Mr Mario Perreault. Cabe mencionar
na súa presentación que, como Xuíz Internacional
da Holstein Association of Canada, posúe unha ampla experiencia
no xulgamento de numerosas exposicións, -varias delas en
Europa e tamén a prestixiosa Expo-Printemps 2000 de Québec
(300 cabezas)-, resolvendo con profesionalidade, decisión
e rapidez a colocación dos máis de 130 animais presentes
nesta edición.
 |
Sec. 2: Xatas de 11 a 15 meses |
|
Do Concurso, e a pesares de que se adxuntan os resultados
das distintas seccións, queremos resaltar a tremenda calidade
dos animais presentados, destacando de entre eles a impresionante
xata de nome Cid Seven MONSE, de Gandería
Cid, CB (Barreiros-Lugo), que, tras acada-lo título de Xata
Campiona, alzouse ademáis co título de Xovenca
Gran Campiona Internacional. Tamén destacar a extraordinaria
filla de Lérez, de nome LÉREZ propiedade
da Gandería Raxino (Chantada-Lugo) que obtivo o título
de Vaca Xove Campiona, así como LORE
de Granxa Caxigueira (Ortigueira-A Coruña) que foi distinguida
cos títulos de Vaca Gran Campiona e Mellor Ubre Internacional
Semana Verde 2000. Merece a pena destaca-la cuantía
dos premios en metálico que se outorgaron neste certame,
e que ascenderon á nada despreciable cifra de 1.365.000
ptas, destacando os premios conce-didos á Vaca Gran
Campiona (200.000 ptas) e á Xovenca Gran Campiona (100.000
ptas).
 |
Sección Vacas en lactación
adultas |
A clausura dos actos correu a cargo do Excmo. Sr. Conselleiro
de Agricultura, D. Cástor Gago Álvarez quén,
tras congratularse dos bos resultados acadados polos animais descendentes
do Programa de Mellora de Galicia, felicitou ós gandeiros
polo estupendo traballo realizado e animounos a continuar traballando
nesa línea.
GANDERÍAS PARTICIPANTES
A CORUÑA: SAT Casanova (Mesía);
Forcadas, Granxa Caxigueira, Granxa Vidueira (Ortigueira); Rial
(Sta Comba).
ASTURIAS: SAT Los Caserinos (Villaviciosa).
BURGOS: Retortillo, SA (Torrepadre).
CANTABRIA: La Isla, SC (Renedo de Pielagos).
LUGO: Farruquiño, SAT (A Pastoriza); Cid,
CB, Veigueiro, SC (Barreiros); Reixa (Castroverde); Casa Capón,
O Pacio, Outeiro, CB, Perrelos, Purutu, Raxino (Chantada); Granxa
Vila (Nadela); Casa Arias (Palas de Rei); Casa Machetín,
Seixo (Taboada).
PONTEVEDRA: Neira, Explotación Louzao,
Os Caseiros CB (A Estrada); Blanca, SAT Arca, SAT Pereira, SAT Rivas
(Forcarei); Blanco, Darío, Donsión, Lamas, Madriñan,
Pereiro, Pérez, Saavedra, Santalla (Lalín); A Zanca,
Ansemil, O Castro, Mejuto, Meixoence, Moreda, Cruceiro, Lago, Méndez
(Silleda). |
RESULTADOS DO CONCURSO |
XATAS DE 6 A 10 MESES
1º Agrortegal IVORY Juror - G. CAXIGUEIRA
2º Bos Vila Rudolph ALBARES - GRANXA VILA
3º Capón Rudolph RUDA - CAPÓN
XATAS DE 11 A 15 MESES
1º Cid Seven MONSE - CID, CB
2º Blanca Integrity TEIXA - BLANCA
3º Casanova Chester 307 - SAT CASANOVAS
XATA CAMPIONA INTER. "SEMANA VERDE 2000"
Campiona Cid Seve MONSE - CID, CB
Subcamp. Agrort. IVORY Juror - G. CAXIGUEIRA
XOVENCAS DE 16 A 20 MESES
1º Bos Astre NARLA - GRANXA CAXIGUEIRA
2º O Pacio Cuqui NIQUITA - O PACIO
3º Blanco Lee MABEL 140 - BLANCO
XOVENCAS DE 21 A 25 MESES
1º Retortillo Storm LILI - RETORTILLO, S.A.
2º Retortillo Storm BRASILIA - RETORTILLO, S.A.
3º Machatín Bookie 39 - MACHATÍN
XOVENCAS DE 26 A 31 MESES
1º Moreda Storm DILEMA - MOREDA
2º ALBERTA Rial - RIAL
3º BELEN 40 - MACHATIN
XOVENCA CAMPIONA INTER. "SEMANA V. 2000"
Campiona Bos Astre NARLA - G. CAXIGUEIRA
Subcamp. Moreda Storm DILEMA - MOREDA
XOV. GRAN CAMPIONA INTER. "SEM. V. 2000"
Cid Seven MONSE - CID, CB
VACA XOVEN LACTACIÓN ATA 30 MESES
1º Casanova NAIM Juror 261 - SAT CASANOVA
2º Veigueiro Juror PISTOLERA - VEIGUEIRO, S.C.
3º Retortillo Rudolph ZAR - SAT CASANOVAS
VACA XOVEN LACTACIÓN DE 30 A 36 MESES
1º LEREZ - RAXINO
2º Seixo Mason TAMARA - SEIXO
3º Carballeiras Leader KENIA - MADRIÑAN
VACA XOVEN CAMPIONA INTER. "S. V. 2000"
Campiona LÉREZ - RAXINO
Subcamp. Casanova NAIM Juror - SAT Casanova
VACAS EN LACTACIÓN 3 ANOS
1º ANNI - LA ISLA, S.C.
2º HEIFA - LA ISLA, S.C.
3º HIRTA - CID |
VACAS EN LACTACIÓN 4 ANOS
1º LORE - GRANXA CAXIGUEIRA
2º Retortillo Raider HAN - RETORTILLO, S.A.
3º Bos Lindy FIGEUIRA ET - PERRELOS
VACAS EN LACTACIÓN ADULTAS
1º Agrortegal INES Raider - GRANXA CAXIGUEIRA
2º HERBOGILE - LA ISLA, S.C.
3º Retortillo Lindy OLINA - RETORTILLO, S.A.
VACA CAMPIONA INTER. "SEMANA V. 2000"
Campiona LORE - GRANX CAXIGUEIRA
Subcamp. ANNI - LA ISLA, S.C.
VACA GRAN CAMPIONA INTER. "S.V. 2000"
LORE - GRANXA CAXIGUEIRA
MELLOR UBRE INTER. "SEMANA V. 2000"
1ª LORE - GRANXA CAXIGUEIRA
2ª Agrortegal INES Raider - G. CAXIGUEIRA
MELLOR CRIADOR INTER. "SEMANA V. 2000"
1º VEIGUEIRO, S.C.
2º RETORTILLO, S.A.
MELLOR RABAÑO INTERNACIONAL "S. V. 2000"
1º GRANXA CAXIGUEIRA
2º LA ISLA, S.C.
PREMIO ESPECIAL CONSELLERIA DE AGRICULTURA
BECERRAS ATA 15 MESES
1º Cid Seven MONSE - CID
2º CHISPA Rial Treasure - RIAL
3º Os Caseiros Seven CHACHA - OS CASEIROS
XOVENCAS
1º BELEN 40 (SENSATION) - MACHETIN
2º Pérez SULTANA (WIND SULTAN) - PEREZ
3º Os Caseiros Mendo PARDILLA - OS CASEIROS
VACAS LACTACIÓN
1º LÉREZ - RAXINO
2º Santalla Ultra CASTAÑA - SANTALLA
3º Cid Prophet GRISALDA - CID
XVI CONCURSO DE XOVENES
MANEXADORES
CATEGORIA JUNIOR
Campiona: Vanessa Carro Iglesias
Subcampión: Marcial Vilariño Espiñeira
CATEGORÍA INFANTIL
Campión: Carlos Rial Negreira
Subcampión: Manuel Otero Alvarellos
|
Volver 
REUNIÓN CON GANDEIROS DO NORTE DE PORTUGAL |
¿XENÉTICA GALEGA PARA O MAGREB? |
O pasado día 11 de abril, e dentro do marco que ofrece o
Convenio de Colaboración asinado entre a Associaçao
para o Apoio à Bovinicultura Leiteira do Norte e a Federación
Frisona Galega, visitáronnos máis de 50 directivos
e Técnicos das Cooperativas do norte de Portugal para estudiar
e comentar a nosa estructura organizativa e programas de testaxe
de sementais.
|

O xoves día 4 de Maio unha delegación das Cámaras
de Agricultura de Túnez e outra representación
de Marrocos, interesados na adquisición
de animais e nos Programas de Mellora Xenética que se están
a desenvolver en Galicia, visitaron o Centro de Escolma de Fontao
e a U.T.E. de Bos.
Noraboa ós criadores e propietarios destes excepcionais
exemplares e noso sincero agra-decemento por confiar na Xenética
Galega. |
Volver

|