
Rúa Melide 25-27 Bajo 15705 Santiago de C. A Coruña - España Tfno./Fax: + 34 981 573 879 + 34 981 573 775
|
 |

Nº 6 - SETEMBRO 2000
ELECCIÓNS DE CARGOS DIRECTIVOS
XV ESCOLA DE XUÍCES GANDEIROS "FEFRIGA 2000"
MOEXMU 2000
¡GALICIA CALIDADE!
¡TAMÉN OS SUECOS FALAN DE BOS!
ELECCIÓNS DE CARGOS DIRECTIVOS |
Dando cumprimento ó previsto nos respectivos
estatutos, durante os pasados meses de abril, maio e xuño,
celebráronse as eleccións para a renovación de
cargos directivos nas catro Africor Provinciais; froito das mesmas
resultaron elexidos os Sres. Seguintes:
AFRICOR-CORUÑA
Presidente: D. Luis Seoane Labandeira
Vicepresidente: D. Manuel Antelo Vilariño
Secretario: D. Pedro Cambón Fernández
Tesoureiro: D. Andrés Formoso Vázquez
Interventor: D. Francisco M. Penabad Pita
Vocal: D. Javier Casás Gómez
Vocal: D. José Suarez Iglesias
AFRICOR-LUGO
Presidente: D. José Aquilino Rguez López
Vicepresidente: D. Marcial López Onega
Secretario: D. Francisco López Folgueira
Tesoureiro: D. José Manuel López Tellado
Interventor: D. Alvaro José Castro Fdez
Vocal: D. Francisco Javier Alvarez Dosío
Vocal: D. Manuel Pacín Rey
AFRICOR-OURENSE
Presidente: D. Antonio Pérez Castro
Vicepresidente: D. Albino Pérez Rodríguez
Secretario: D. Juan Alvarez Losada
Tesoureiro: D. Augusto Cid Cabido
Vocal: D. José Mosquera Seoane
Vocal: D. Juan Manuel da Pena Pérez
|
AFRICOR-PONTEVEDRA
Presidente: D. José R. Pazos Fondevila
Vicepresidente: D. Javier Mejuto Mato
Secretario: D. Delfín Antonio Lalín Iglesias
Tesoureiro: D. Rafael Méndez Guerra
Interventor: D. José M. Valladares Glez
Vocal: D. Manuel Carbia Martínez
Vocal: D. José Pereira Canaval Posteriormente, o día
7 de Xullo celebrá-banse eleccións para a renovación
dos cargos Directivos desta Federación:
Federación Frisona Galega - FEFRIGA
Presidente: D. J. Aquilino Rguez López
Vicepresidente: D. Fco M. Penabad Pita
Secretario: D. José R. Pazos Fondevila
Tesoureiro: D. Juan Álvarez Losada
Interventor: D. Luis Seoane Labandeira
Vocais: D. Francisco López Folgueira
D. Manuel Carbia Martínez
D. Antonio Pérez Castro
Asemblea Xeral: Estará composta pola Xunta
Directiva e os Sres:
D. M. Antelo Vilariño Africor-Coruña
D. A. Formoso Vázquez Africor-Coruña
D. M. López Onega Africor-Lugo
D. J.M. López Tellado Africor-Lugo
D. A. Pérez Rodríguez Africor-Ourense
D. A. Cid Cabido Africor-Ourense
D. R. Méndez Guerra Africor-Pontevedra
D. J.M. Valladares Glez Africor-Pontevedra
|
Volver 
XV
ESCOLA DE XUÍCES GANDEIROS "FEFRIGA 2000"
|
Durante os días 31 de Xullo, 1
e 2 de Agosto, celebrouse en diferentes explotacións da Provincia
da Coruña, a XV Escola de Xuíces Gandeiros Fefriga
2000, que nesta ocasión concentrou a máis de
130 alumnos procedentes de Galicia, Asturias, Cataluña e Portugal.
D. Enrico Dadati, experimentado Xuíz
Internacional da Asociación Frisona Italiana (ANAFI),
foi o responsable do xulgamento desta Escola, demostrando ó
longo das diferentes e variadas seccións a súa experiencia
e gran profesionalidade. Destacada actuación foi tamén
a do noso bo amigo e xa incondicional desta Escola, D. Gabriel
Blanco, Xefe do Departamento de Morfoloxía de
Conafe, quen ademais de impartir a Conferencia sobre a Conformación
da Vaca Leiteira e dirixir unha clase práctica de acoplamentos,
actuou durante toda a Escola como traductor e axudante do Xuíz
en pista.
Antes de resumir o que foron estes días, queremos dende
estas liñas, resaltar e agradeceder a gran labor realizada
por Africor-Coruña, os seus gandeiros e persoal técnico,
que co seu esforzo e dedicación permitiron que pasásemos
unhas agradables, e sobre todo instructivas xornadas.
O día 31 e unha vez finalizada a Conferencia de D. Gabriel
Blanco, o Sr. Jesús Vázquez, Xefe
do Servicio de Sanidade Animal, pronunciaba unha conferencia
sobre o Control da prescrición, dispensación e uso
do medicamento veterinario en Galicia, proporcionando ós
asistentes ampla información sobre a normativa actual e forma
de proceder no relacionado con este tema.
Pola tarde, e nas magníficas instalacións que SAT
Langueirón posúe en Ponteceso, xulgáronse
as 5 primeiras seccións prácticas.
O martes día 1 amencía nubrado e bastante fresco,
tras coller roupa de abrigo, dirixímonos á finca A
Cabanela en Urdilde, onde, nun marco realmente espléndido
(e que seguro valorá-semos moito máis no caso de facer
bo tempo), xulgamos catro complicadas seccións de vacas,
formadas por uns estupendos animais propie-dade das ganderías
Freire Simáns, Jesús Carballo Rey, Bouzas
e Tubio Busto, S.C. |
Tras “repoñer forzas”
no Mesón Ares, dirixímonos a Vilaferreiros en Mazaricos,
onde nos agardaban outras catro bonitas seccións, preparadas
con animais das ganderías Alborés, Caamaño,
Maneiro, Vilaferreiros, Casa Victor e SAT 4261 Alborés.
O terceiro día... (e último da Escola), chegou o
verán e con el a calor incrementada se cabe polas catro magníficas
seccións que nos tiñan preparadas na gandería
UGASMA de Boimorto; a calidade e complicación
das seccións, -unida á calor reinante,- fixo correr
abundante suor entre o alumnado.
As catro últimas seccións prácticas desta
escola realizáronse, non sen polémica, na Unidade
de Transferencia Embrionaria de Bos “UTE Bos”,
ó finalizar, e baixo a dirección de D. Gabriel Blanco,
realizáronse prácticas de acoplamentos dirixidos en
base a índices xenéticos e sobre animais “in
vivo”.
Tras a visita á U.T.E., -onde puidemos ver as doadoras de
embrións e algúns dos novillos que se porán
en testaxe próximamente,- dirixímonos ó Restaurante
El Pantano, onde tivo lugar a cea e acto de clausura desta XV Escola
de Xuices Gandeiros Fefriga 2000.
En nome de Africor-Coruña e desta Federación queremos
dar as gracias a todos, ganderías colaboradoras, alumnos,
xuíz e conferenciantes e a todas aquelas persoas ouentidades
que co seu apoio e colaboración contribuiron a acadar o éxito
obtido por esta XV Escola de Xuices.
¡A todos moitas gracias e ...
ata o ano que ven!
|
Volver 
MOEXMU 2000 |
Un ano máis e durante os días 7,8 e 9 do pasado
mes de Xullo, Muimenta converteuse na Capital Galega do Frisón;
a Feira-Exposición que anualmente celebra esa vila luguesa
acolleu, como xa é tradición, o XIV Concurso de
Gando Frisón “MOEXMU 2000” que, organizado
por Africor-Lugo, concentrou a máis de 80 exemplares procedentes
de 20 explotacións lucenses.
O Xulgamento do Certame correu a cargo do coñecido gandeiro
de Tineo e Xuíz Nacional de Conafe, D. Conrado González
Antón, quen, en todo momento, demostrou o seu bo facer
nestes menesteres.
En canto ó Concurso, son de resaltar os premios acadados
pola Gandería CID de Barreiros, con animais tan populares
como Cid Seven MONSE, que se alzou co título de Mellor
Xovenca Filla dos Touros de Ascol/Pimx, Xovenca Campiona e Gran
Campiona de Xovencas; ou a non menos coñecida HIRTA que
acadou os títulos de Vaca Campiona e Gran Campiona do Certame,
e o de Xata Campiona recaía en Nodi Rudolph FANI propiedade
da Gandería NODI, tamén de Barreiros.
|
 |
HIRTA - Gran Campiona Moexmu 2000 |
Xercas, grupo de gandeiros de Xermade, conseguiría igualmente
títulos tan importantes como Vaca Xove Subcampiona e Mellor
Ubre, con Bos Xercas Portalousa Patron; Mellor Descendencia de Vaca
(CHIQUITA), Segundo Criador e Segundo Rabaño (Sat CAVADAS)
así como Vaca Adulta Subcampiona con Xercas Cavadas Highlight
RONALDA.
Gandería Farruquiño de A Pastoriza conquistaba os
títulos de Vaca Xove Campiona e Segunda Mellor Ubre cunha
excepcional primeiriza de nome Farruquiño PERLITA Lindy (que
unha vez finalizado o certame foi vendida por 500.000 ptas.) igualmente
foi para esta explotación o título de Mellor Criador.
|
RESULTADOS DO CONCURSO |
Xata Campiona
1ª Nodi Rudolph FANI (Nodi)
2ª Bos Vila Rudolph ALBARES (Vila)
Xovenca Campiona
1ª Cid Seven MONSE (Cid, CB)
2ª Capón Lee LISTA (Capón)
GRAN CAMPIONA DE XOVENCAS
Cid Seven MONSE (Cid, CB)
Vaca Adulta Campiona
1ª Farruquiño PERLITA Lindy (Farruquiño)
2ª X.C. Highlight RONALDA (X-Cavadas)
GRAN CAMPIONA DE VACAS
HIRTA (Cid, CB) |
Mellor Ubre
Bos Xercas Porta Patron (X-Portalousa)
Mellor Criador
1º SAT Farruquiño (A Pastoriza-Lugo)
2º SAT Cavadas (Xermade-Lugo)
Mellor Rabaño
1º Cid, CB (Barreiros-Lugo)
2º SAT Cavadas (Xermade-Lugo)
CONCURSO DE MANEXADORES
S. 1 De 15 a 20 anos
1º Antonio José López Sánchez
S. 2 De 9 a 14 anos
1º Edgar Paz Iglesias
|
Volver 
¡GALICIA CALIDADE! |
Que as fillas dos touros de Galicia son excelentes
productoras xa fai moito tempo que o sabemos (e nin que dicir ten
que nos enche de satisfacción), pero ademáis comprobamos
que tamén son excepcionais nas pistas de Concurso.
Tralas alegrías que nos deron en repetidas ocasións
vacas como Outeiro SANDINA Sultan MB ou Raxino
Lérez (ambas con un largo palmarés), hoxe
tócanos falar de dúas xovencas que nos están
sorprendendo moi agradablemente e que esperamos nos dean grandes
satisfaccións nun futuro inmediato. Trátase, nin máis
nin menos, que de Cid Seven MONSE e Vilarmor
NADIA Lérez.
 |
Cid Seven MONSE |
|
MONSE é unha filla de Raypel
SEVEN, propiedade da Gandería CID de Barreiros
(Lugo), que, á súa corta idade, xa acadou premios
tales como:
Novilla Gran Campeona Inter. - Semana V. 2000
Gran Campiona de Xovencas - Muimenta 2000
Ternera-Novilla Gran Campeona - Vegadeo ‘00
Ademais, tras o acordo acadado entre Galicia e Asturias sobre
o testaxe conxunto de Sementais, MONSE conquistou
en Vegadeo o título de “Mejor Ternera de los Programas
ASCOL/PIMX” sendo Cid Prophet GRISALDA
a segunda na sección de vacas.
Pola súa parte, NADIA, xovenca criada
por Gandería VILARMOR de Ortigueira (A Coruña)
e adquirida pola Ganadería del Banea, SL (Cudaña)
de Cantabría e D. Enrique Pedrico de Cataluña,
está facendo patria por terras cántabras contando
xa no seu haber os títulos de “Subcampeona de Novillas”
del XII Conc. de Unquera así como o de “Novilla
Gran Campeona” da Feria San Bernabé (Conc.
Frisón de Valdaliga) e recentemente “Novilla Campeona”
do 32 Concurso Frisón de Cabezón de la Sal.
Noraboa ós criadores e propietarios destes excepcionais
exemplares e noso sincero agra-decemento por confiar na Xenética
Galega. |
Volver 
¡TAMÉN OS SUECOS FALAN DE BOS! |
O pasado día 24 de Xullo, e a través de Carrefour
Galicia, 70 gandeiros da Rexión Sur de Suecia, visitaban
a UTE/UDE de Bos; dito grupo estaba encabezado polos Señores:
D. Tauno Turtunen, Conselleiro de Gandería e Producción
Leiteira; D. Bo Gunnarsson, Presidente da Asoc. de Agricultores
e D. Hans Olof Stälgren, Director do Centro Europeo de Información
Rural de Västernorrland.
|
Durante as máis de dúas horas que nos
acompañaron, os nosos visitantes interesá-ronse polos
programas de mellora, as labores realizadas na UTE e obxectivos perseguidos
cos mesmos, así como de xenética e familias de vacas
presentes na granxa.
Como dato curioso (e moi agradable, por certo) foi o enterarnos
que, aínda que poida parecer estraño, a UTE de Bos
e os traballos nela realizados eran coñecidos e valorados
por estes gandeiros suecos polo que, á hora de preparar o
seu programa de visitas técnicas en España, solicitaron
se incluíse unha visita a Finca de Bos (decididamente,...
ninguén é profeta na súa terra).
|
Volver 
|