
Rúa Melide 25-27 Bajo 15705 Santiago de C. A Coruña - España Tfno./Fax: + 34 981 573 879 + 34 981 573 775
|
 |

Nº 8 - MARZO 2001
POSTURA DE FEFRIGA ANTE A EEB
CONCURSO NACIONAL
DOSES SEMINAIS SUBVENCIONADAS CAMPAÑA 2001
FEBRE AFTOSA
CAMBIOS NAS PROBAS XENÉTICAS DE XANEIRO 2001
MODIFICACIÓNS DO REGULAMENTO DO LIBRO XENEALÓXICO
POSTURA DE FEFRIGA ANTE A EEB |
O pasado día 14 de Febreiro, a Xunta Directiva
desta Federación, reuníuse co novo titular da Consellería
de Agricultura, o Excmo. Sr. D. Juan Miguel Díz Guedes,
para analiza-la situación creada no campo galego polo mal das
vacas tolas. En dita reunión, á que tamén asistiron
o recén nomeado Director Xeral de Producción Agropecuaria,
Ilmo Sr. D. Manuel Díaz Cano e o Subdirector Xeral
de Sanidade Animal, Ilmo. Sr. D. Miguel Fernández
Rodríguez. Os directivos de Fefriga expuxeron ós
máximos responsables da Consellería os puntos de vista
e reivindicacións que sobre a EEB manteñen, e que son
os seguintes:
1º) Que se adopten tódalas medidas precisas para garantir
que ningún animal enfermo pase á cadea alimentaria.
Non obstante, e tendo en conta que, a tódolos animais maiores
de 30 meses se lles vai a realizar o test de detección “Prionics”,
opoñémonos rotundamente ó
sacrificio indiscriminado de tódolos animais do rabaño
cando apareza un animal enfermo no mesmo.
Esta medida, -inxustificable, técnica e/ou cientificamente,-
non beneficia nin ó control da enfermidade (non hai risco
de contaminación colateral dos animais), nin á
recuperación do consumo, polo que só resulta ser efectiva
para aumentar a inseguridade no sector (¿ónde
imos mercar animais con garantías de que non padezan a enfermidade?),
e para crear graves problemas psicolóxicos e emocionais nos
gandeiros afectados e nas súas familias.
2º) Establecemento dun sistema que, técnicamente, permita
o correcto seguemento de tódalas mostras que se remiten ó
laboratorio para a súa análise a fin de que, no caso
de positividade, o gandeiro poida realizar se o desexa, tódalas
comprobacións que considere necesarias para garantir que
o resultado que se lle comunicou, corresponde inequívocamente
ó animal sacrificado da súa propiedade.
3º) Como cidadáns da Unión Europea, desexamos
e esiximos gozar dos mesmos dereitos có resto dos gandeiros
da Unión. Polo tanto, solicitamos a eliminación inmediata
da declaración que ten que asinar o gandeiro, así
como o certificado veterinario que, para levar un animal ó
matadoiro, se nos esixe.
Estas medidas, que en nada contribúen ó control da
enfermidade nin á recuperación da confianza no consumidor,
só serven para:
a) Declaración: Criminalizar ó gandeiro
si surxe algún problema. Xa que se lle esixe que asine unha
declaración recoñecendo que os seus animais non presentan
síntomas de ningunha das máis
|
de 20 enfermidades ás que fai referencia o Real
Decreto 147/1993 de 29 de Xaneiro 1993. ¿É que para
ser gandeiro débese ser catedrático de veterinaria?
b) Certificado Veterinario (promovido polo Ministerio
da insigne Celia Villalobos): documento completamente inútil,
-a pesares de que pagamos por el, (gandeiros ou administración)
que para nada serve e en nada compromete ó que o asina, xa
que se extende en base á declaración do gandeiro.
c) Aumentar de por si a farragosa burocracia á que, cada día
máis, teñen que facer frente as explotacións
gandeiras.
4º) As indemnizacións por sacrificio deben ter en conta
os niveis xenéticos, morfolóxicos e productivos dos
animais. Igualmente, deberase indemnizar ó gandeiro en concepto
de lucro cesante, pola contía do que, co sacrificio das súas
reses, deixa de producir e, polo tanto de ingresar.
5º) Organizar dende as Administracións Públicas
campañas informativas e promocionais a fin de recuperar,
en base ós controis exhaustivos que se están realizando
en todo o proceso de cría e sacrificio do gando, a confianza
da que tradicionalmente disfrutou a carne de Galicia entre os consumidores.
6º) Adecuar a lexislación vixente a fin de que as compañías
de alimentación animal teñan a obriga,
por lei, de reflectir no etiquetado dos pensos os productos empregados
na súa elaboración.
Tras comentar longamente os puntos referidos anteriormente e outros
tales como a recollida de animais mortos, tests in vivo, etc...
(a reunión durou case dúas horas), o Sr. Conselleiro
manifestou compartir, básicamente, os nosos plantexamentos
e puntos de vista sobre esta crise, comprometéndose a adoptar
as medidas que correspondan dende a Consellería e, ó
mesmo tempo, apoialos e defendelos ante outros organismos e foros
de decisión (MAPA, Sanidade, etc...).
Finalmente, e antes de dar por concluída a reunión
o Sr. Conselleiro manifestou a súa disposición, e
a de todo o seu equipo, para escoitar e analizar calquera proposta
que sobre o problema da EEB ou outros, lles poidamos plantexar dende
as asociacións gandeiras. Esperamos que a boa impresión
deste primeiro encontro se convirta en realidade. O tempo diránolo.
|
Volver 
CONCURSO NACIONAL |
O pasado día 31 de Xaneiro a Xunta
Directiva de Conafe acordou que o Concurso Nacional de Outono do presente
ano se celebre en Bilbao. Igualmente, acordou que a edición
do ano 2002 e vindeiras se celebren en Xixón. A candidatura
presentada por Galicia, que tamén aspiraba a acoller dito certame,
só contou cos votos favorables do noso representante.
Non é agradable ter que informar dende estas páxinas
dun acordo como o citado, máxime cando consideramos que o
mesmo afecta moi negativamente
|
ós intereses da Cabana Frisona Galega, pero
precisamente por este motivo e porque pensamos que merece a pena
continuar loitando por aquelo no que creemos, manifestamos a decidida
disposición de Fefriga, (e contamos coa vosa), para continuar
traballando en acadar que, en breve, a nosa Comunidade volva a ser
sede do Concurso Nacional de Outono ou de outro de similar envergadura
e prestixio
|
Volver 
DOSES SEMINAIS SUBVENCIONADAS CAMPAÑA 2001 |
O obxectivo que se persegue con esta campaña é,
que todolos gandeiros de Galicia poidan disfrutar dunha xenética
de alto nivel e a prezos moi asequibles. Lóxicamente, para
acadar tan importante obxetivo é imprescindible someter
a testaxe o máximo número de touros posible.
Con esta premisa, un ano máis dende a Consellería
de Agricultura e Asociacións poñemos en marcha unha
campaña para a selección, adquisición e distribución
de doses seminais, (e a prezos moi ventaxosos) para todas aquelas
ganderías que, coas súas vacas, contribuen ano tras
ano a testaxe dos touros xoves.
Os sementais seleccionados para a presente campaña son
os seguintes:
1º) Touros En Proba
Entregaranse a cada gandería, gratuitamente e ó
azar, doses dalgúns dos 70 sementais que está previsto
entren no Programa de Testaxe conxunto de Galicia e Asturias durante
o presente ano
|
2º) Touros Probados do programa
Suministraranse as doses necesarias, -e nas condicións que
se especifican na solicitude,- para inseminar ata un 60% das vacas.
Os touros incluídos neste apartado son:
BELESAR, CUBEIRO, LÉREZ, WIND SULTAN, MARQUIS, MENDO e SILVERMAN.
3º) Touros Probados doutros centros
Touros de alta fiabilidade (mínimo 90% en producción
e 85% en tipo), dos que se suministrarán as doses precisas
para cubrir ata un 15% das reproductoras.
Os sementais seleccionados son:
AARON, BERGWILL, FATAL *BL, IGNITER, LEE, LORD LILY (CVM), MTOTO
e RUDOLPH.
Para que cada gandeiro poida escoller os touros que considere mais
axeitados para a súa explotación, incluímos
un extracto da proba de todos éstes no seu pais de orixe.
Atención: As probas de cada país
non son comparables entre sí.
|
 |
Volver 
FEBRE AFTOSA |
Como medida precautoria ante a continua aparición
de novos focos de Febre Aftosa, pospúxose
a celebración dos Concursos de Chantada, Lalín e Nacional
de Primavera (Mollerusa). Igualmente, aplázase a Subasta
de Santa Comba e a Escola Nacional de Xuíces (León).
Ante a gravidade de dita enfermidade e a facilidade con que se contaxia,
recomendamos extrema-las medidas de control e prevención
en tódalas explotacións, implantando normas e rutinas
de funcionamento tales como:
- Instalar cubetas con desinfectante para desinfecta-lo calzado
de tódalas persoas que accedan ás instalacións
(incluídos os propietarios e familia). |
- Restrinxir ó máximo ou non admitir
visitas, nin realizalas a outras explotacións.
Se é posible, construír un foxo para desinfectar as
rodas dos vehículos e restrinxir, no posible, o acceso á
explotación de vehículos alleos a mesma (tractores,
coches, camións, máquinas, etc...).
- Non incorporar animais ó rabaño e moito menos se
proceden dalgún país onde se rexistrou algún
caso.
Lembra que extrema-l as medidas preventivas e
recriar os vosos animais son a mellor garantía sanitaria
dos vosos rabaños |
Volver 
CAMBIOS NAS PROBAS XENÉTICAS DE XANEIRO 2001 |
Na avaliación xenética de Xaneiro
2001, Conafe, -en base a diferentes estudios realizados,- aplicou
una serie de cambios na metodoloxía de cálculo empregada
para a determinación dos índices xenéticos,
a fin de facelos máis precisos e ó mesmo tempo, adecualos
ás necesidades do sector. Igualmente, nesta avalia-ción
actualízase a base xenética:
Os cambios máis importantes son:
- Vacas de Rexistro Auxiliar “A”:
Non se terán en conta os seus datos na avaliación
xenética e, polo tanto, non se valorarán.
- Lactacións: Como máximo empregaranse
as cinco primeiras lactacións, calculadas e exten-didas a
305 días en CONAFE.
- Cualificación: Só se utilizará
a primeira cualificación e sempre que sexa realizada antes
do 5º parto.
- Heredabilidade: Utilizaranse novas heredabilidades
máis exactas.
- Modelos de avaliación: Adaptáronse
mellor á realidade das explotacións.
- Método máis preciso para o axuste da heteroxeneidade
da varianza
|
- ICOT: Calcularase en base a novos
índices (índices sintéticos), desenvolvidos a
fin de acadar unha maior fiabilidade e precisión na proba;
ditos Índices, que contemplan de forma global as distintas
rexións morfolóxicas, son:
- IGT: Índice Global de Tipo
- ICU: Índice Composto de Ubre
- IPP: Índice Composto de Pes e Patas
Tamén se publicará un Índice Composto de Capacidade
(ICAP), aínda que non se inclúe no
ICO.
- Cambio de base xenética: Actualízase
a Base Xenética de Comparación, co que a partir desta
avaliación -e ata o 2005- utilizarase a media das vacas nadas
no ano 1995 (ata agora empregouse a media das vacas valoradas nadas
no 90). Este cambio tradúcese nunha baixada dos índices
xenéticos de tódolos animais (machos e femias) igual
ó incremento do valor xenético obtido durante o período
90-95, que se cifra en 407 Kg/L, 0,02%G, 16Kg/G, 0,02%P e 14,4 Kg/P.
A apreciación do cambio de base na proba dos touros vese
dificultada, nesta avaliación, por tódolos cambios
realizados na metodoloxía de cálculo referidos anteriormente.
Para maior información ver Revista
Frisona Nº 120 pax. 44-46 |
Volver 
MODIFICACIÓNS DO REGULAMENTO DO LIBRO XENEALÓXICO
|
A proposta de Conafe ó M.A.P.A. aprobou,
a través das Resolucións comunicadas con data 29 de
Outubro e de 5 de Decembro de 2000, diversas modificacións
na Regulamentación do Libro Xenealóxico polo que,
a partir de agora deberase proceder como segue:
1º Rexistro de animais: Para poder inscribir
unha cría deberase solicitar dentro dos 3 meses seguintes
ó do seu nacemento, empregando o impreso “Declaración
de Nacemento”. Elimínase o talón de inseminación
xa que os datos que aporta recóllense no citado impreso.
2º Rexistro Auxiliar “A”: Inscribiranse
neste rexistro todos aqueles animais que, presentando as características
da Raza Frisona, non poidan acreditar a súa xenealoxía
(podéndose inscribir a calquer idade xa que, a partir de
agora, non se cualifican).
3º Cualificación Morfolóxica:
É obrigatoria para tódolos animáis inscritos
nos Rexistros Aux. “B”, Principal e de Méritos.
Igualmente, unha vaca cualificada EX poderá ser recualificada
como EX, despois de cada novo parto, podendo ser, se as súas
cualidades morfolóxicas o permiten, 2EX, 3EX, 4EX, etc...
4º Control Leiteiro: Tódalas vacas
inscritas no Libro deben ser, obrigatoriamente, sometidas a Control
Leiteiro Oficial (recordar igualmente que o novo Regulamento de
Control Leiteiro, esixe que tódalas vacas dunha explotación
deben ser obrigatoriamente contro-ladas).
|
5º Altas de Explotacións : Será requisito
indispensable para a súa inscripción ter, como mínimo
17 reproductoras (femias de máis de 2 anos).
Como consecuencia de tódolos cambios acaecidos
na regulamentación do Libro Xenealóxico e do Control
Leiteiro Oficial, e dacordo cos mesmos, dende Conafe tomáronse
as medidas e acordos seguintes:
1º Altas de Explotacións :
a) Produciranse cando o gandeiro o solicite, sin ter que esperar
a cualificaión das súas vacas de Rexistro Auxiliar
“A”.
b) Igualmente, e como consecuencia do anterior, os animais poderán
ser inscritos no Rexistro que lles corresponda a calquer idade,
polo que, no momento de solicitar a alta da explotación,
deberá presentarse a solicitude de rexistro de tódalas
femias frisonas da explotación.
2º Cualificación:
a) Non se cualificarán as vacas de Rexistro Auxiliar “A”.
b) En Ronda non se visitarán explotacións que non
teñan, alomenos, dous animais para cualificar (si só
se cualificase un animal non se lle podería calcular o índice
xenético).
|
PARA REXISTRAR
UNHA CRÍA
“A Declaración de Nacemento deberá
ter entrada na oficina do Libro Xenealóxico Oficial da Raza
dentro dos tres meses seguintes o do seu nacemento”
Artigo 1º do Regulamento do Libro Xenealóxico
Dacordo co anterior, a Xunta Directiva de Conafe acordou que se
o animal supera dita idade, a declaración deberá ir
acompañada da proba de paternidade. De non ser así,
será inscrito directamente no Rexistro Auxiliar Cat. “A”.
NOTA: Non esqueza que na Declaración
de Nacemento de cada animal debe reseñar o número
do seu crotal sanitario.
|
Volver 
|