
Rúa Melide 25-27 Bajo 15705 Santiago de C. A Coruña - España Tfno./Fax: + 34 981 573 879 + 34 981 573 775
|
 |

Nº 9 - AGOSTO 2001
MELLOR PREVENIR
DEBUXA E GAÑA UNHA VIAXE
ADEUS BLACKROSE - HOLA BLACKROSE
OS EMBRIÓNS TAMÉN DAN SORPRESAS
COMPRA CONXUNTA DE DOSES SEMINAIS
CAMBIOS NAS PROBAS XENÉTICAS DE XANEIRO 2001
MELLOR PREVENIR |
Tendo en conta as graves consecuencias sanitarias,
económicas e de todo tipo que supón a febre aftosa para
o sector, e ante a aparición de casos en Inglaterra (cunha
media de 4 novos focos diarios na última semana), Turquía,
Arxentina, Brasil e Uruguai, esta Federación considerou súa
a obriga de adoptar as medidas que estén nas súas mans
para evitar calquer risco, -por remoto que sexa,- de contaxio.
Por iso, -e o tempo que aconsellamos a tódo-los gandeiros a
manter as máis estrictas medidas sanitarias e controles rigurosos
en todo o que faga referencia a entradas de gando e personas nas explotacións,-
a Asemblea Xeral de Fefriga reunida o pasado día 29 de Xuño,
acordou por unanimidade suspender a XVI Escola de Xuíces Gandeiros
e o XI Concurso da Raza Frisona Fefriga 2001. |
Dado que ditos eventos constitúen a cita e punto
de encontro de tódo-los gandeiros criadores de gando selecto,
programaranse no seu lugar outras actividades (cursos, conferencias,
etc.) que non impliquen a concentración de gando de diferentes
explotacións.
|
Volver 
DEBUXA
E GAÑA UNHA VIAXE |
Co obxetivo de interesar ós máis
novos no mundo do gando frisón, a Federación Frisona
Galega convoca o “Iº Concurso de Debuxo FEFRIGA
’01”, no que poderán participar todos
aqueles xoves que o desexen e a súa idade non supere os 16
anos incluídos. Estableceránse as tres categorías
seguintes:
1ª Alevín ................. de 3 a 7 anos
2ª Infantíl ............... de 8 a 12 anos
3ª Junior ............. de 13 a 16 anos
|
A temática dos dibuxos a presentar estará
basada no “Sector Agrogandeiro e a Vida no Campo”.
Haberá interesantes premios para os 5 mellores clasificados
de cada categoría e UNHA VIAXE
A PORT AVENTURA
|
Volver 
ADEUS BLACKROSE - HOLA BLACKROSE |
O pasado día 29 de Xaneiro, e cando estaba a punto de
cumprir os once anos de idade, morría en Wisconsin a mítica
Stookey Elm-Parck Blackrose-ET RC, EX96
3E, DOM GMD, deixando tras de sí
un excepcional palmarés, que a acredita como unha das máis
grandes vacas da historia da raza Holstein.

Blackrose era o tipo de vaca alta, larga, de peito ancho, costelar
profundo e ben arqueado, grupa larga e tremendamente ancha, moi
boas patas e un excepcional sistema mamario, todo iso combinado
cun excelente carácter leiteiro.
Esta perfecta combinación de forza, angulosidade e estilo
converteu a Blackrose na raíña dos concursos e nunha
das vacas máis admiradas e desexadas da historia recente,
proporcionando ós seus propietarios todo aquelo que un
gandeiro pode desexar.
Producción: En 4 lactacións produciu
67.985 Kg/leite ó 4.4%G e 3.3%P, tendo a súa mellor
lactación ós 5 anos (365 días 19.155 Kg/L
ó 4.6%G e 3.4%P).
|
Descendencia: deixa 7 fillos cualificados EX e 39 fillas das
que na actualidade 10 xa están calificadas como EX, as máis
coñecidas son:
* Indianhead Stardancer EX94, irmá completa
de Red Marker, da que a mellor lactación é 4/07 365
días, 16.386 Kg/L, 4%G e 3.1%P.
* Rosedale Lea Ann EX93, 4/08 365 días 17.863
Kg/L, 3.4%G e 3.-% P.
Prestixio: Blackrose foi a mellor embaixadora
da súa granxa dándoa a coñecer a nivel Internacional
a través dos premios e títulos que ó longo
da súa carreira foi conquistando; de todos eles caben destacar
os seguintes:
· All-Canadian e All-American 92 e 93
· All-Canadian e Reserva All-American ’95
· Reservas All-Canadian e All-Amerian ’97
· Gran Campiona do “Royal Winter Fair ’95”
· Gran Campiona “Wisconsin Championship Show ’98”
A historia de Blackrose é como un bo soño, e un
bo soño, -como é lóxico,- non pode rematar
coa morte da súa protagonista. Blackrose legounos os seus
xenes a través da súa numerosa descendencia e, -atención,-
por se iso fora pouco, a finais do pasado ano naceron os dous primeiros
clons dela estando previsto que ó longo deste ano nazan algúns
máis, polo que, amigos, podemos soñar en volver a
ver a Blackrose (ou varias) movéndose elegantemente polos
rings. ¡¡O espectáculo merecerá a pena,
estade preparados para non perdelo!!

|
Volver 
OS EMBRIÓNS TAMÉN DAN SORPRESAS |
O pasado mes de abril naceron na gandería
CID (Barreiros-Lugo) dúas femias de transplante de embrións
da súa vaca IFERDA MB88.
O raro do asunto é que as dúas naceron da mesma
receptora, e esta so recibira un embrión. Por se isto fora
pouco dous días despois repetiuse o caso con outra receptora
que tamén recibira un embrión o mesmo día,
ainda que neste caso só viveu unha das crias.
Efectivamente éste é un caso moi raro, pero perfectamente
posible. Trátase de que, o embrión rompeu de forma
natural en dúas partes dentro do útero da receptora,
e cada metade deu lugar a unha cría. Cando isto ocorre as
crías resultantes son idénticas xenéticamente,
igual que se fosen clons. Esto tamén pode ocorrer sen transferencia
de embrións, no caso das inseminacións normais, cunha
frecuencia esperada de menos dunha vez cada 10 millóns de
crías (1.34 x 10-7 según Kraay), co cal sabiamos que
era rarísimo, pero que ocorrese dúas veces consecutivas
resulta impresionante. |
A fin de confirmar que se trataba dun caso de división
embrionaria espontánea, tomamos mostras de sangue da nai
e da receptora, e analizáronse, confirmándose que
as xemelgas teñen o mesmo código xenético e
son fillas da vaca Iferda e o touro Patron.

Na fotografía pode apreciarse o gran parecido das xemelgas
idéntIcas xenéticamente. A capa, algo diferente debese
a efectos do ambiente uterino na formación do pelo.
Noraboa a familia Cid por este acontecemento. Esperaremos a que
medren para ver se se repite o que fixo a súa nai. |
Volver 
COMPRA CONXUNTA DE DOSES SEMINAIS |
O pasado día 10 de Maio rematou o prazo de
presentación de solicitudes para a adquisición conxunta
de doses seminais. Unha vez realizado o reconto e a compra das doses,
iniciouse a súa distribución a principios de Xuño.
Na campaña do presente ano un 99% dos socios solicitaron
seme, co que o número total de doses ascende a 163.580, repartidas
como segue:
TOUROS EN PROBA
73.896 doses procedentes dos + 50 touros do Programa de Galicia
que entran en testaxe este ano, ós que se engaden outros
5 do Convenio que temos firmado con Asturias.
|
TOUROS PROBADOS
DE GALICIA |
TOUROS PROBADOS
EXTRANXEIROS |
Touro |
Doses |
Touro |
Doses |
BELESAR |
18.000 |
AARON |
1.156 |
CUBEIRO |
8.595 |
BERGWILL |
558 |
LÉREZ |
22.890 |
FATAL |
672 |
WIND SULTAN |
8.604 |
IGNITER |
1.330 |
MARQUIS |
4.974 |
LEE |
8.910 |
MENDO |
2.144 |
LORD LILY |
1.273 |
SILVERMAN |
2.633
|
MTOTO |
2.901 |
|
|
RUDOLPH |
5.044 |
Total doses |
67.840 |
|
21.844 |
|
Volver 
CAMBIOS NAS PROBAS XENÉTICAS DE XANEIRO 2001
|
REXISTRO. Dende o día 1
de Xullo para rexistrar un animal, ademáis dos datos xenealóxicos,
sexo e idade correspondentes, deberase comunicar obligatoriamente
o Código de Identificación Bovina, CIB (número
sanitario). Polo que se modifica o CERTIFICADO DE REXISTRO incluíndo,
-en grande e en sitio ben visible,- o Código de Identificación
Bovina.
DECLARACIÓN DE NACEMENTO. Para rexistrar
unha cría, a Declaración de Nacemento correspondente
deberá ter entrada na oficina de rexistro dentro dos tres
meses posteriores ó do seu nacemento.
Se o animal a rexistrar supera dita idade a declaración deberá
ir acompañada das probas de paternidade. De non ser así,
será inscrito directamente non Rexistro Auxiliar Categoría
A.
|
CROTAL METÁLICO.
O crotal co número de rexistro suprimirase a partires do día
1 de Xaneiro de 2002, aínda que continuará asignándose
e utilizándose o Nº de Rexistro Xenealóxico.
CONTROL LEITEIRO. Tóda-las vacas de raza
frisona dunha explotación inscrita no Libro Xenealóxico
e Control Leiteiro Oficial, deberán ser obligatoriamente
controladas
PROBAS DE PATERNIDADE. Para dar maior fiabilidade
e credibilidade ó Rexistro Xenealóxico, este ano realizaranse
unhas 1.000 análises de paternidade, o que suporá chequear
unhas 350 explotacións.
Ademáis das sancións que se poidan determinar, os costes
das probas dos animais que resulten negativos, serán por conta
dos seus propietarios. |
PARA REXISTRAR
UNHA CRÍA
“A Declaración de Nacemento deberá
ter entrada na oficina do Libro Xenealóxico Oficial da Raza
dentro dos tres meses seguintes o do seu nacemento”
Artigo 1º do Regulamento do Libro Xenealóxico
Dacordo co anterior, a Xunta Directiva de Conafe acordou que se
o animal supera dita idade, a declaración deberá ir
acompañada da proba de paternidade. De non ser así,
será inscrito directamente no Rexistro Auxiliar Cat. “A”.
NOTA: Non esqueza que na Declaración
de Nacemento de cada animal debe reseñar o número
do seu crotal sanitario.
|
Volver 
|