ABANCA e a Federación Frisona Galega colaboran para impulsar a sostibilidade e o relevo xeracional no sector con produtos e servizos a medida
A

  • O banco e FEFRIGA asinan un acordo de colaboración que ofrece alternativas de crédito para investimentos e para facer fronte aos gastos correntes cun producto diferenciador como é a Liña Financiamento Agro Multidestino.
  • A colaboración inclúe acordos para promocionar os concursos de gando e as Escolas de Xóvenes Gandeiros

ABANCA e a Federación Frisona Galega (FEFRIGA) veñen de asinar un acordo de colaboración que reforza o compromiso da entidade co agro galego e a súa sostibilidadade económica, ambiental e social.

O convenio foi asinado hoxe polo director de ABANCA Sectorial, Jesús Combarro, e o presidente da Federación Frisona Galega (FEFRIGA), Manuel Sandamil. O acto de firma tivo lugar en Lalín e serviu como punto de encontro entre ambas partes, coincidindo coa clausura da VI Escola de Iniciación de Futuros Gandeiros e Entrega de Pracas e Mencións Honoríficas ás Mellores Explotacións de Galicia do 2024. , eEvento que patrocina ABANCA. Os dous representantes aproveitaron para intercambiar impresións e ideas sobre os retos actuais do sector e destacar as solucións específicas que ofrece a entidade financeira ás organizacións gandeiras. Ademais, acordaron manter unha comunicación fluida para abordar posibles retos do futuro desta federación que integra as catro Asociacións Provinciais de gandeiros de leite de Galicia.

No acordo especifícanse unha serie de opcións de financiamento creadas para os gandeiros e gandeiras, facendo especial fincapé na sostibilidade e promovendo a creación de novos proxectos e a mellora dos actuais con produtos e servizos específicos deseñados pola entidade financeira. Os e as profesionais do sector, poderán acceder a préstamos específicos con amplos prazos de amortización, xuros baixos e unha serie de liñas que permitan afrontar os retos da sostibilidade, como a redución da pegada de carbono e da pegada hídrica, e que garantan tamén o benestar animal, entre outros. A oferta complétase con outros produtos, como as liñas de anticipo de cobros, financiamento de pagos a proveedores vía confirming e anticipos de subvencións ou impostos. No convenio especifícase tamén a tramitación e facilitación da domiciliación dos pagos das axudas da PAC e o seu anticipo con ata o 90% do importe da axuda.

Liña de Financiamento Agro Multidestino e atención persoalizada

O catálogo conta tamén coa Liña de Financiamento Agro Multidestino de ABANCA, un produto financeiro que se adapta ás necesidades dos gandeiros e gandeiras, agrupando nun único contrato o financiamento máis habitual do día a día das explotacións agrarias e que conleva un aforro importante nos custos. Para levar isto a cabo, ABANCA habilita esta liña de financiamento recorrente que permite o anticipo das axudas da PAC, facer fronte aos gastos de campaña e o financiamento das primas de seguros agrarios contratados na entidade financeira. Ao agrupar estes tres destinos, os gandeiros e gandeiras contarán con fondos en función das necesidades específicas que poidan xurdir ao longo do ano cunha importante redución de trámites e gastos de formalización.

Para optimizar a calidade do servizo ao colectivo, ABANCA ofrece unha atención máis personalizada, no que pon á súa disposición persoal especializado do equipo ABANCA Agro e tamén en xestión de seguros para asesorar sobre as pólizas que mellor se adapten ás necesidades de cada gandeiría. Entre os seguros específicos para o sector destacan Agroseguro, o Seguro de Explotación Agraria, o de Maquinaria Agrícola ou o Casas de Labranza, entre outros.

O acordo, contempla tamén o acceso ao Programa Servizos ABANCA, que permite un aforro no pagamento dos servizos bancarios máis habituais e que conta co asesoramento de todo un equipo de xestores e xestoras especializadas en materia de seguros e banca electrónica. Desde as oficinas de ABANCA facilitarase aos beneficiarios e beneficiarias informarción relativa a opcións de financiamento a través dos convenios oficiais que o banco suscribe con organismos públicos como o ICO, IGAPE, SAECA ou o Instrumento Financeiro de Xestión Centralizada.

FEFRIGA é a maior asociación de gandeiros produtores de leite de Galicia. Integra máis de 2.000 explotacións e máis de 300.000 animais. A súa labor é clave para o desenvolvemento e profesionalización do sector en cuestións como a mellora xenética ou os controis de produción leiteira, co obxetivo de mellorar a eficiencia e sostibilidade das explotacións.

A través desta colaboración entre ambas entidades, búscase tamén poñer en valor a profesionalidade do sector en Galicia, promocionando os concursos de gando e incentivando o relevo xeneracional con accións conxuntas para seguir desenvolvendo a labor das Escolas de Xóvenes Gandeiros que puxo en marcha FEFRIGA.

Está colaboración pon de manifesto o compromiso de ambas entidades por un rural sostible dende todos os ámbitos: con explotacións cada vez máis profesionalizadas e rentables, ambientalmente pola contribución que fan os gandeiros e gandeiras ao coidado do medio ambiente e socialmente para seguir avanzando na mellora das condicións de vida dos gandeiros e gandeiras, que contan con moitas melloras con respecto a décadas pasadas.