- O banco pon a disposición da federación un catálogo de produtos e servizos creados a medida para as súas necesidades e unha rede de xestores e xestoras especializadas no sector agrario
- A entidade financeira e a federación traballan para favorecer a sostibilidade das explotacións federadas.
24.07.2026. ABANCA e a Federación Frisona Galega – Fefriga veñen de renovar o seu acordo de colaboración co obxectivo de ofrecer ao sector e aos cooperativistas unha serie de produtos e servizos deseñados a medida por ABANCA Agro que lles permitan impulsar e mantener o crecemento do sector. A firma permitirá ás e aos profesionais dar resposta aos principais retos e desafíos aos que se enfrontan, como a transición cara á sostibilidade, e facilitar o financiamento das súas actividades.
O acordo foi asinado en Lalín polo director de Banca Sectorial de ABANCA, Jesús Combarro, e o presidente de Fefriga, Manuel Sandamil. A sinatura serviu tamén como punto de encontro entre ambas partes. Durante a reunión, os dous responsables aproveitaron para conversar sobre a situación actual do sector en Galicia e acordaron manter un contacto fluido para abordar as posibles necesidades que deriven do contexto xeopolítico actual.
A firma establece unha serie de fórmulas de crédito deseñadas especificamente para os profesionais que forman parte da federación e que reflicten o compromiso que mantén ABANCA, a través de ABANCA Agro, e Fefriga coa sostibilidade. O acordo tamén contempla un catálogo de produtos e servizos que permitirán a posta en marcha de novos proxectos e a mellora competitiva dos actuais, poñendo a disposición dos membros da federación préstamos persoais, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.
A alianza contempla liñas específicas para potenciar o desenvolvemento de actividades sostibles, solucións como o leasing mobiliario, desconto comercial e préstamos para primas de seguros agrarios. Para facer fronte ás necesidades diarias, os integrantes da federación contarán con préstamos anticipo para colleitas ou subvencións e poderán beneficiarse das diferentes liñas de financiamento oficiais que ABANCA subscribe con diferentes organismos públicos, como as SGR nacionais, coa Sociedad Anónima Estatal de Caución Agraria – SAECA ou o Instrumento Financiero de Gestión Centralizada. Destaca en particular o convenio ICO-MAPA-SAECA (actualmente en período de solicitude), que permite financiar necesidades de investimento e circulante con risco avalado ao 100% por SAECA, incorporando subvencións do 15% do principal cun máximo de 15.000 € e a subvención do custo do aval os seis rimeiros anos para un principal máximo de 100.000 €
Tamén contarán con acceso á Liña de Financiamento Agro Multidestino, que permite unificar nunha mesma póliza diferentes necesidades dos clientes como o anticipo das axudas da PAC, gastos de campaña ou financiamento de primas de seguros agrarios. A maiores, gozarán das vantaxes do Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pago dos servizos bancarios máis habituais.
FEFRIGA é a maior asociación de gandeiros produtores de leite de Galicia, e integra na actualidade máis de 2.000 explotacións e un censo superior aos 300.000 animais. A súa labor é fundamental para o desenvolvemento e a profesionalización do sector, centrándose en eixes estratéxicos como a mellora xenética e o control da produción leiteira co obxectivo de incrementar a eficiencia e rendibilidade das granxas. Así mesmo, a federación amosa un firme compromiso co futuro do rural galego, impulsando iniciativas orientadas á sostibilidade integral —económica, ambiental e social— e ao benestar animal, ademais de promover o relevo xeracional mediante proxectos formativos de referencia como as súas Escolas de Xóvenes Gandeiros.

