O presidente da Deputación Pontevedra, Luis López, recibiu este mércores no seu despacho do pazo provincial ao gandeiro pontevedrés, de Rodeiro, Xabier Montes, tras proclamarse gañador en Bélxica, xunto ao resto do equipo galego, do Young Breeders School, o certame de manexo de gando máis prestixioso do continente.
Durante o encontro, o mandatario provincial deulle os parabéns pola súa traxectoria e o seu éxito, e, ademais, puxo en valor a importancia que ten que a mocidade se interese e se forme na gandería e agricultura para asegurar o futuro do sector primario da provincia.