Resultados YBS 2024
R

Ó longo deste fin de semana celebrouse en Battic (Bélgica) o maior concurso de manexo de Europa, o Young Breeders School (YBS), no cal participaron seis xóvenes galegos, todos socios do Clube de Xóvenes Gandeiros. Trátase de María e Andrea Otero, da granxa Fontixón (Castro de Rei, Lugo); Lorena Iglesia, de SAT Rey de Miñotelo (A Pastoriza, Lugo); Alba López, da Gandería Quintián (O Páramo, Lugo); Simón Blanco, da Gandería Queiruguera (Val do Dubra, A Coruña); e Xabier Montes, de Casa do Rei (Rodeiro, Pontevedra).

O equipo español, organizado polo propio Clube e a Federación Frisona Galega, coa colaboración de CLUN, obtivo os mellores resultados como equipo de todo o certame, impoñéndose ante os 28 restantes. Máis concretamente, María Otero que quedou en terceira posición e, Xabier Montes, en cuarta.